Venres. 26.04.2024
El tiempo

20.000 visitantes se achegaron ao renovado Dolmen de Dombate durante o verán

20.000 visitantes se achegaron ao renovado Dolmen de Dombate durante o verán

O Dolmen de Dombate, no Concello de Cabana de Bergantiños, pechou o seu período estival cunha marca de visitas, despois de que polas súas instalacións pasasen un total de 19.754 persoas desde o mes de marzo e ata o pasado luns.

A apertura do Centro de Interpretación, no mes de abril, trouxo consigo un importante repunte no número de visitantes. En marzo, por exemplo, viran o monumento megalítico 260 persoas, mentres que en abril a cifra de visitas guiadas xa se incrementou ata 2.814. Xullo e agosto foron os meses de maior afluencia, con 3.810 e 6.620 visitas, respectivamente.

Novas actuacións

A Deputación da Coruña acaba de aprobar a autorización para a realización de limpeza, consolidación e conservación da arte parietal do Dolmen de Dombate que correrá a cargo do arqueólogo Fernando Carreira Ramírez. A actuación terá un período de execución de 39 días.

Así mesmo, a institución provincial deu luz verde á escavación arqueolóxica e restauración do Dolmen, a cargo do arqueólogo Manuel Lestón Gómez, por un período de execución de 60 días.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación.

Comentarios