Xoves. 28.03.2024
El tiempo

20 entradas e 30 razóns para ir ao Sereas e Piratas

20 entradas e 30 razóns para ir ao Sereas e Piratas

Queda só un día. A maxia do Festival Sereas e Piratas xa está no ambiente, e a incrible Praia de Razo está lista para acoller unha fin de semana de boa música e moito deporte. Ollo a fantástico Torneo de Balonmán Praia do Xiria.

A cita desenvolverase estes venres 20 e sábado 21 de xullo. Xa saben que hai dúas zonas, a Zona Sereas aberta ao público, e a Zona Piratas, co groso de concertos, de acceso con entrada ou bono. Polo escenario pasarán Joe Crepúsculo, Pony Bravo, MCOM (que finalmente substitúen a La Débil) e Triángulo de Amor Bizarro, entre outros moitos. E o electro-pop tamén estará moi presente con Yo+Yo e moitos djs máis.

Sorteo de entradas: Por que é imprescindible o Sereas e Piratas?

E xa temos gañadores das 20 entradas que sorteabamos en QPC para o festival. Tras recibir uns 30 comentarios, que recollemos aquí polo fermosos que son, fixemos un sorteo e estes son os 20 que poderán entrar de balde un día do festival (enviaremos un correo informando do procedemento):

  • Siglas, Adrián, Pablo R, Martín, Miguel, Miguel, Vero, Elsa, Pablo H, Mari, Antía, Sabela g, Mochito, Delia, Carolina, Fran Campara, Clara, Christin, Daniel, Angel e Xacobe.

E sen máis, repasamos os comentarios que nos deixaron os participantes do sorteo, respondendo a pregunta "Por que é imprescindible o Sereas e Piratas?"

  • El Tains: GUAPISIMO festival! y encima me va a tocar la entrada gratis, recomendadisisiisimoo, nos vemos pronto chicos!
  • Siglas: Porque sen dúbida é un festival a apoiar para que continúe crecendo e poida continuar ofrecéndonos esta música durante moitos anos.
  • Adrián: Porque mola mogollón y me lo voy a pasar chupi
  • Pablo R: porque mesturando música, deporte, sereas e piratas nunha mesma praia, ten que saír un brebaxe palpitante!
  • Martín: Festival imprescindible para ver a Joe Crespúsculo con el disco nuevo en Galicia! QUIERO QUIERO QUIERO QUIERO QUIERO QUIERO!!!!
  • Lucía: A música, a praia, a boa compaña, a calor, a noite, o día, a area, as olas, o mar, a xente, a diversión, o verán… todo iso é imprescindible, e todo iso está conxugado neste festival chamado Sereas e Piratas, un nome único para un lugar único.
  • Manuel: Pafraseando a Joe Crepusculo solo puedo decir que el festival “sí suena brillante!” ;D
  • Miguel: qué bueno!! Un festivalazo y por qué precio?! Y encima con sorteo de entradas? Que me toque a mí por favorrrrrlrlrlrlrlrlr
  • Vero: É imprescindible porque, nestes tempos que corren e por moito que algúns graven a cultura con grandes impostos, a música segue sendo o medio polo que todos nos despexamos, se é o que queremos, ou nos concienciamos, ou nos sentimos tristes, ou bailamos coma tolos (que é o que pretendo facer no sereas e piratas deste ano) :D
  • Elsa: Porque levo indo dende a primeira edición. É un festival especial: pola praia, a xente que o organiza e polos que estamos ahí ano tras ano. ¿Qué máis se pode pedir que boa música con mar de fondo? Dende a marabillosa praia de Razo, pasando pola organización ou pola xente de sempre que desfrutamos deste festival dende a sua primeira edición. ¿Qué máis se pode pedir que unha boa dosis de música e praia?
  • Pablo H.: O ano pasado fun por primeira vez. Paseino xenial: dende as actividades polo día ata a festiña da noite, e por suposto a praia. Cousa que en Ourense non temos. ¿Como non hei de voltar?
  • mari: Sereas e piratas é imprescindible por 10 razóns: o mar de Razo cunha cor incomparable, @s surfistas -que corpos-, a música que me gusta, o fondo de postal coas illas sisargas,o mogollón de xuventude neste país tan envellecido, a ilusión que alí hai, o que teño que loitar na casa para poder ir, atopar xente que me dea nova vida, porque vou estar eu e porque os que estaremos somos especiais. Dache a cabeza para imaxinar todo iso?Mellor que o veñas ver!!!
  • Antía: Unha boa cervexa (mellor se é Estrella). Os grolos van acompasados co lixeiro bruar do mar de fondo e os acordes distorsionados máis atronadores da escena galega musical (Fantasmage, Tora Tora Tora…). A praia de Razo como marco natural imcomparábel desta imaxe. Sereas e Piratas 2012. Axudádeme a que esta fotografía mental saia da miña cabeza para tornar realidade ;-)
  • sabela g: Porque e imprescindible Pitatas e Sereas?Porque un festival con esta calidade merece formar parte da nosa idiosincrasia, dun pobo mariñeiro e amante do deporte e da boa festa.
  • Monchito: El alma del hombre es como el agua. Viene del mar,
    se eleva hacia el cielo
    y vuelve después al mar,
    en un eterno ciclo.
    Otro año mas, Razo.
  • Gonzalo: Porque despois de josar habera que seguir disfrutando dun festival que da relevancia a Carballo e a Razo,un festival que o ten todo,dous días cheos de espectáculo,boa musica,boa xente,unido a un sitio fermoso.
  • Delia: Razo é a mellor praia de Galicia, e se lle sumas festival de música independente = perfecto
  • carolina: Porque Galicia é sinónimo de calidade e é por iso que en cada recuncho da nosa preciosa costa temos sempre as mellores festas e romarias.
  • Fran Campara: É imprescindible porque ten lugar nun entorno natural único, podendo disfrutar de múltiples actividades lúdicas e deportivas e sobre todo pola experiencia de compartir con moita xente dous días cheos de sorrisos e alegrías! E todo iso acompañado por unha boa caldeirada de música independente.
  • pablo fernandez : Grandes grupos, a mellor praia de nosa costa xunto coas ganas de festa que nos quedou de malpica… Que mais se pode pedir..O abordaxe!!!
  • Clara: Porque é necesario que haxa eventos locais na zona de Carballo destinados aos que gozamos da música, a boa compaña, e ese litoral incomparable!!
  • Christin: Sereas e Piratas transforman un fin de semana nunha aventura de 3 días que desexo que nunca termine! a “must” nos “highlights” de Galicia.
  • Daniel: Cómo queres bailar, pasear, disfrutar dun entorno privilexiado se non sabes moverte como unha sirena…e cómo vas a divertirte, pedir unha cervexa e facer amigos se non sabes berrar como un pirata!Arrrrrrrr-t
  • Angel: Agora mesmo é o mellor festival de Galicia. Non ten nada que envidiar a outros grandes festivales nacionais en canto a organización, grupos musicais, diversidade de actividades lúdicas, e por suposto, o ambiente!!!
  • María: Porque Razo é o máis!
  • Susana: Porque non hai nada mellor que darlle a benvida a este verán con boa música e rodeada de vellos amigos, ademáis, todo isto nunha das paraxes máis fermosas de toda a costa galega, a praia de Razo! Viva!
  • Xacobe: Porque xuntar música e deportes de praia nun entorno como ó da Praia de Razo será inesquecible! PD. Como dicen TDAB llevar navaja siempre es conveniente.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios