50 cousas que facer este Nadal en Carballo

Presentouse o programa Nadal Cultural 2013 do Concello de Carballo. Un programa que chega cargado, especialmente pensado para os máis cativos e cativas. E como portada do programa, a postal gañadora do Concurso de Nadal, neste caso do pequeno Alberto Calleja Varela.

Nadal Pequespectacular

Unha das actividades máis esperadas do programa é sempre o Nadal Pequespectacular que reúne espectáculos de diversos formatos e estilos e que este ano inclúe tres excelentes propostas nas que atopar teatro, danza, monicreques e maxia. O xoves 26 de decembro a compañía madrileña Luna Teatro y Danza presenta "Cenicienta y las zapatillas de cristal"; o venres 27 é a quenda do Mago Luís Boyano co espectáculo "25 anos de maxia e humor", un show dinámico, divertido e con moitas sorpresas; e a última cita é o sábado 28, em que finaliza esta programación coa compañía galega Baobab Teatro e o espectáculo "O soldadiño de chumbo".

Os interesados e interesadas poden reservar as entradas a partir do martes 17 de decembro e ata o día 27 nas oficinas do Pazo da Cultura ou no 981 704 300 de 11.00 a 14.00 horas cun máximo de 4 localidades por persoa. Todas as representacións son ás 18.00 horas.

Pero antes, o o sábado 14 de decembro ás 18.30 horas no Pazo da Cultura, terá logar o concerto Cantos de Nadal que acompañan a Entrega de Premios do Concurso de Carteis de Nadal. Aí estarán as agrupacións infantís Coro Vagalume e Coro o Candil, que interpretarán un repertorio máis clásico de panxoliñas, dúas agrupacións de música tradicional, a AC Argazo e a AC Arume, ofrecerán cantos de Nadal e Reis.

Cabalgatas e Festival

Outro dos elementos que nunca faltan no Nadal Cultural son as Cabalgatas de Reis, que percorrerán tanto o casco urbano como as parroquias de Carballo. Este ano serán 13 as comitivas que percorrerán todo o municipio durante os días 4, 5 e 6 de xaneiro.

A programación do Concello para o Nadal Cultural compleméntase tamén co Festival de Nadal que organiza a Concellaría de Terceira Idade o domingo 22, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura, que estará amenizado polo Dj David.

Máis información

Novas relacionadas

Outros programas de Nadal

Fonte

  • Vive Carballo.