Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Vimianzo prepara un Nadal

Vimianzo prepara un Nadal
Nadal 2013 en Vimianzo

O Concello de Vimianzo presentou xa o cartel da programación de Nadal 2013. Un programa completísimo, con moitas actividades de animación de rúa para os cativos, cunha intención clara de recuperar a figura do Apalpador, cartas e mesmo deporte.

Nadal nos comercios

O nadal tamén chega aos Comercios de Vimianzo

Ademais dunha charla sobre redes sociais, o Concello de Vimianzo prepara varias activides para o comercio neste Nadal. O primeiro, e que xa vén desenvolvéndose nos últimos anos con moito éxito, é o Concurso de Escaparates, qee ten por obxectivo premiar aos escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais.

Ademais, o Concello vai coordinar un Catálogo de Produtos en internet. O persoal do concello recorrerá os establecementos que desexen participar na campaña para fotografar productos que poden ser obxecto de regalo nestas festas. O fin é elaborar catálogos virtuais que facilmente se poidan distribuir nas redes sociais e que acheguen ideas aos consumidores por destinatarios, por tramos de prezos, etc.
Accións todas que se divulgarán pola redes sociais e mais polos medios de comunicación.

Novas relacionadas

Outros programas de Nadal

Fonte

Comentarios