Luns. 30.03.2020
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte recibe o Nadal con grandes nomes, festas e solidariedade

A #AxendaCostadaMorte recibe o Nadal con grandes nomes, festas e solidariedade
Axenda Costa da Morte 16 decembro 2017 Como cada venres achegamos un repaso á #AxendaCostadaMorte que sempre tendes debullada en quepasanacosta.gal/axenda. Esta fin de semana, na que xa comezan varios programas de Nadal, teremos unha variedade excepcional de actividades. Non faltarán as festas (por Santa Lucía), pero ademais haberá moito teatro e monólogos de grandes nomes galegos, conferencias, exposicións, presentacións de libros así como unha Gala Solidaria. Pero antes de repasar unha a unha, toca ver como vén o tempo da man de 4gotas.com: A chuvia non veu para quedarse. O venres será un día inestable con chaparróns case en calquera momento do día. Os máis activos caerán a primeiras horas da mañá. Tras eles chega unha masa de aire máis fría e algo máis de chuvia, pero pouca. No mediodía, tarde e noite do venres o vento será do norte, irá frío (máximas de 12-13 graos soamente) e chegarán chaparróns puntuais e en xeral bastante espallados no tempo e de pouca duración. O sábado só quedará algún deses ballóns puntuais de madrugada e mañá nos arredores de Malpica e no interior da Costa da Morte. No litoral oeste predominará o sol todo o día. O domingo, tamén teremos predominio dos ceos azuis, con máis nubes preto de Malpica, pero tamén con moito sol. Tanto o sábado coma o domingo, irá frío de madrugada e veremos xeadas nos puntos do interior e as máximas quedarán nos 12-13 graos ó sábado, chegando ata os 15 no litoral oeste no domingo. E dicir, teremos algo de inestabilidade e chuvia no venres e moito sol no resto da finde (pero fría). Ademais, as chuvias é moi posible que non volvan ata pasado o día de Nadal :-(

Festas de Santa Lucía

Citas singulares

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende a exposición “Teatro do Atlántico 30 anos actuando” na que se fai un percorrido pola traxectoria dunha das compañías máis lonxevas da comunidade.
  • Na Eira, en Ponteceso, Suso Lista expón a súa arte efímera na area do Osmo.
 

Máis información

 

Fonte

comentarios