Venres. 19.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte recolle as principais citas da fin de semana

A #AxendaCostadaMorte recolle as principais citas da fin de semana
Algo máis tímida do habitual, chega unha nova #Axenda coas principais citas culturais e de ocio para esta fin de semana na Costa da Morte. Antes de repasalas máis polo miúdo, botámoslle un ollo ao parte costeiro de 4gotas.com.
O tempo da fin de semana terá un pouco de todo. Hoxe o día virá con bastantes nubes, pero sen chuvias ata o solpor. Aí chegarán e descargarán con intensidade na noite e na madrugada do sábado. Durante o sábado irán chegando chaparróns. Na mañá e na primeira metade da tarde serán frecuentes e caerán con intensidade en calquera punto da Costa da Morte. Na noite do sábado e ata o mediodia do domingo serán máis espallados no tempo, e caerán especialmente no litoral oeste. Na tarde do domingo é moi posible que den unha tregua e non haxa chuvias.
As temperaturas serán frescas. Non irá moito frío nas noites porque estará o ceo moi gris, pero as máximas apenas pasarán dos 12 graos.

Principais citas da fin de semana

  • Festival Máxico-Solidario en Camelle. A casa do Alemán acolle este domingo, a partir das 17 horas, a gala benéfica coa que a veciñanza quere mostrarlle o seu apoio á familia do finado José Secundino.
  • Monólogo en Camariñas. Mañá sábado, 13 de xaneiro, chega ao seu fin o ciclo de monólogos posto en marcha polo Concello de Camariñas. O encargado de facelo será Manuel Manquiña cun monólogo que comeza ás 21 horas. As entradas están a venta na biblioteca municipal.
  • Teatro en Muros. O centro cultural de Muros acolle mañá o obra de teatro "Cincenta". Esta obra, dirixida ao público familiar, comeza ás 18 horas e o custe da entrada é de 2,5€.
  • 25 aniversario da Casa dos Veciños do Couto. Para celebrar esta especial dato, o domingo 14 de xaneiro, dende o medio día, haberá pinchos, música e historias de lembranzas para recuperar os 25 anos da inauguración da Casa dos Veciños da aldea do Couto.

Exposicións

  • Tenda Turística Stoupa acolle unha exposición que resume os Stoupidos do ano 2017, con artesáns de toda a bisbarra.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Na Eira, en Ponteceso, Suso Lista expón a súa arte efímera na area do Osmo.

Outras citas

  • Concerto en Vimianzo. O Celme Café acolle este sábado, a partir da media noite, o concerto do grupo "En casa del herrero".

Máis información

Fonte

Comentarios