Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A calor e a troula instálanse na #AxendaCostadaMorte

A calor e a troula instálanse na #AxendaCostadaMorte
Como non podía ser doutro xeito, agosto arranca con forza na #Axenda da Costa da Morte. Chega así unha fin de semana na que a troula e o bo tempo serán dous dos principais protagonistas destes días. Antes de ver polo miúdo cada unha das citas máis importantes, detémonos no parte costeiro de Meteogalicia.

Meteogalicia

Hoxe continuarán os ceos despexados en toda a Costa da Morte, con probabilidade de nubosidade de cara á noite principalmente na zona de Bergantiños. As temperaturas seguirán subido debido á entrada dunha masa de aire moi quente procedente do norte de África que traerá picos de temperaturas moi elevados superando, nalgúns puntos, os 30 grados. As máximas baixarán algo durante a xornada do sábado e xa o domingo subirán novamente as temperaturas con máximas arredor aos 28 grados. En xeral, durante estes tres días as temperaturas da noite tamén serán elevadas rondando os 20 grados. A zona sur da Costa da Morte entra hoxe en nivel de alerta amerelo debido ás altas temperaturas. Esta zona tamén estará dentro da afectada pola vaga de calor xa que durante os tres próximos días agárdanse mínimas superiores aos 20 grados e máximas do habitual que, neste caso, superarán os 31 grados nalgunhas zonas da bisbarra. Ainda que o protagonismo estes días é das temperaturas, no mar espéranse intervalos moderados do vento do nordés na zona norte da Costa da Morte. O mar estará moi calmo calquera.

Festas

  • Carantoña. Dende onte e ata mañá, a parroquia vimiancesa de Carantoña celebra as festas na honra da Virxe do Carme.
  • Quintáns. En Quintáns (Muxía) comezan esta noite cunha sardiñada as festas de san Isidro. A música chegará mañá e o domingo.
  • Colúns. Unha gran churrascada dálle comezo hoxe ás festas de Colúns, en Mazaricos, que se alongarán ata o martes e nas que haberá moita música.
  • Camelle. Dende hoxe e ata o domingo, Camelle celebra as festas da virxe do Carmen con procesión marítima inclúida (que será mañá despois da misa das 12:00 horas.

Festa da Carballeira

  • Esta noite arranca en Zas a XXXV edición da Festa da Carballeira. Serán dous días de música folk e dunha variedade de actividades paralelas: mexilloada, foliada, feira de artesanía na que teñen cabida todos os públicos. Sés, Pelepau, Niamh Ní Charra, Mànran, Astarot, Harmonica Creams, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre serán algúns dos grupos que farán vibrar esta fin de semana a carballeira de Velar.

Castelo Rock

  • A música rock será a protagonista desta fin de semana en Muros co Castelo Rock. Unha cita que arranca hoxe e na que teñen cabida todos os públicos grazas á programación paralela que encherá de actividade a vila. Por aquí pasarán bandas como Riot Propaganda, Lendkaris Muertos, Non Servium, El Último Ke Zierre, Terbutalina, Festicultores Troupe,... entre outros.

Outras citas

  • Verán Cultural en Carballo. Esta noite, a praza do concello de Carballo, recibe a visita de Amancio Prada que ofrecerá o concerto "Meus poetas en París". A cita comeza ás 22:30 horas.
  • Noites na Vila. Continúan as citas musicais en Malpica. Nesta ocasión, será o turno de "Versión Imposible" que toca ás 22:30 horas no paseo marítimo. E xa mañá,  "Ghop" ofrece ás 20:30 horas un espectáculo teatral dirixido ao público familiar no paseo marítimo.
  • Filosofía para veraneantes. Hoxe remata o programa coa charla "Andar ás crebas: Por unha estética da existencia", con María Bella e a continuación a proxección da serie fotográfica Crebas de Manuel Sendón. A cita é as 20:00 horas na capela do Pilar de Corcubión.
  • Actuación da Coral marfileña en Vimianzo. A coral Saint Luc Banabakintu, da Costa de Marfil, actúa esta noite en Vimianzo.
  • III Encontro de Música Tradicional Devalado. Camelle acolle hoxe, a partir das 19:00 horas, este encontro de música tradicional no que participarán varios grupos da zona.
  • Arte e Vermú na Casa das Pepitas. A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, abre novamente esta fin de semana as súas portas como ocasional galería de arte. Faino cunha exposición que poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00 e as 14:00 horas.
  • Muros do Nordés. Hoxe e mañá continúa nas rúas de Muxía este evento lúdico-cultural que medra edición tras edición.
  • Festa da Praia do Ézaro. Mañá chega a XXXIII Festa da Praia do Ézaro na que haberá maxia, circo, forzudos, malabares, monociclo e pallasos; inchables, xogos de habilidade feitos con material reciclado, os xogos tradicionais, obradoiros, música e moitas citas deportivas. A festa continúa o domingo.

Visitas teatralizadas

  • Castelo de Vimianzo. Todos os domingos de xullo e agosto, o Castelo de Vimianzo oferta unha visita guiada teatralizada da men de Os Quinquilláns. Hai dous pases; un ás 13:00 horas e outro ás 17:00 horas. Esta é unha actividade gratuita e dirixida a todos os públicos.
  • Dolmen de Dombate. Todos os sábados de xullo e agosto, os visitantes do Dolmen de Dombate que o fagan ás 18:00 e ás 19:30 horas poderán asistir a unha amena e divertida lección de historia e antropoloxía ao redor de Dombate a través dunha visita teatralizada guiada por Os Quinquilláns. A entrada é de balde e está dirixida a todos os públicos.
  • Torres do Allo. Os domingos de xullo e agosto, os antigos habitantes do pazo dasTorres do Allo cobran vida coa visita teatralizada que se ofrece de forma gratuita ás 19:30 horas. A ela pode asistir todo tipo de público e a entrad é gratuíta.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Faro Vilán en Camariñas. Ata o 31 de agosto, as instalacións do faro Vilán abren de 11:00 a 21:00 horas de luns a domingo. A entrada é de balde.
  • Museo Man de Camelle acolle durante os próximos días a exposición “Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos”, da asociación Mar de Fábula. O sábado, ás 12:00 horas, terá lugar o acto de inauguración da mostra.
  • Lonxa de Fisterra. Hoxe chega á lonxa de Fisterra a exposición “Arte desde a reciclaxe. Reciclaarte”, de Luis Ares Roca, que se poderá ver no horario da subasta (de luns a venres de 16:30 a 20:00 horas) ata finais do mes de agosto.
  • Fábrica de Sel de Muros acolle unha mostra de pintura de catro artistas locais.
  • O hotel Bela Fisterra acollerá os próximos días a exposición escultórica “Da arribada” do corcubionés Guillermo Lourido. A inauguración da mostra é hoxe ás 19:00 horas.
  • XXVII Festa do Longueirón e V Encontro Pirata. Fisterra ponse as mellores galas (as piratas), para celebrar fin de semana unha doble festa. Pola banda gastronómica, a XXVII Festa do Longueirón, e pola banda da troula e da historia, o V Encontro Pirata. A zona da Ribeira será un dos focos de atracción durante estes dous días.

Máis información

Fonte

Comentarios