sábado. 15.03.2025
El tiempo

A Costa da Morte estará no concerto de Jabón Blue por unha estrada Libre de alcol

A Costa da Morte estará no concerto de Jabón Blue por unha estrada Libre de alcol
12 siareiros do Facebook de QPC veñen de saír gañadores do sorteo que realizamos estes días para acodir ao concerto de Jabon Blue na Sala Capitol de Compostela deste xoves 24. Unhas entradas que nos chegaban a través do selo galego Pai-Música, e que servirán para que unha expedición da Costa participe neste inicio da campaña "'LIBRE". I é que o concerto servirá para presentar o novo videoclip da banda liderada por Javi Maneiro, ex cantante dos Heredeiros da Crus, que leva por título "Flores en la carretera", que pon nome ao disco. Un disco adicado a todos aqueles que perderon a vida en accidentes de coche nas estradas do país, e concretamente nas vías rápidas da zona da Barbanza. Este ano, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia propuxéronlle á banda protagonizar a campaña 2010 'LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións', coa que a Xunta quere reducir a siniestralidade nas noites de estrada.

Os gañadores das entradas

Foron máis de 30 os que participaron no sorteo pero os 12 nomes dos gañadores das entradas para o concerto de Jabon Blue na Capitol son: Jonhi Bello, David Pombar Lourido, Gael Denís García Vilar, Gloria López Méndez, Estefanía Treus Gude, Yari Fdez. Martín, Alberto Trillo Trillo, Damiñan Caamaño Lago, María Parada Gómez, Alex del Moral, Angel Malfaz e Juan Rama. Parabéns para todos eles e para recoller as entradas un membro de QPC estará ás portas da Capitol o mesmo xoves 24 de febreiro entre as 22:30h e ás 22:45h cun distintivo de QPC.

"Flores en la carretera"

E aquí deixamos o vídeo que será presentado hoxe en sociedade, dedicado aos gañadores e a todos os membros do Grup de Facebook Queremos que Jabón Blue toque nas festas da Costa da Morte (en todas xD). A ver se o conseguimos

E se alguén ten iPhone, pode descargar a aplicación en AppStore de Pai-Música, chámase iPAI e aí poderá escoitar e ver o videoclip e algúns temas do disco, entre outras cousas:

Novo programa na radiONeria

Ademais, gracias a Pai Música, A radiONeria emisora municipal de Corcubión estrea programa de "música jalleja dajora".

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios