sábado. 26.04.2025
El tiempo

A Danza volve tomar Carballo por Primavera

A Danza volve tomar Carballo por Primavera
Un pouco de brakdance na presentacion do Programa de Danza en Carballo XIII Primavera en Danza de Carballo

A Mostra Primavera en Danza de Carballo celebrará a súa XIII edición do 17 ao 30 de abril cunha carteleira de cinco espectáculos e distintas actividades paralelas de achegamento a esta disciplina, nunha programación configurada co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Nesta nova entrega de Primavera en Danza, serán catro as compañías galegas participantes: As Dríadas, que amosará o espectáculo de hip-hop ‘A Orixe’ (17 de abril); Entremáns, que representará a peza para público infantil ‘Xoga’ (domingo 19); Pisando Ovos, no que Rut Balbís interactúa con 25 cadeiras para interpretar ‘Que volvan as flores’ (venres 24); e o Colectivo Fume coa creación ‘Fume’, unha proposta que mestura sombras, cine e danza sobre o escenario (sábado 25).

Tamén está prevista para o 30 de abril a montaxe ‘Lowland’, da compañía catalá de Roser López Espinosa, colaboradora de figuras como Cesc Gelabert ou Ángels Margarit e de presenza habitual en destacados festivais de España, Holanda, Alemaña, Italia, Canadá ou Xapón.

Coñecendo a danza por dentro

Ademais destas propostas, Primavera en Danza dedica un apartado a actividades complementarias de achegamento á danza contemporánea, para as que se conta cos propios creadores da carteleira artística. Deste xeito, realizaranse presentacións previas dalgúns dos espectáculos en diferentes centros de ensino e espazos públicos de Carballo. Co mesmo obxectivo divulgativo e organizados baixo o título ‘Como se crea un espectáculo de danza?’, desenvolveranse encontros entre espectadores, coreógrafos e directores ao remate de cada representación.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou esta tarde xunto ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura, Mar Eirís; e a coreógrafa e bailarina Alba Fernández na presentación aos medios desta décimo terceira edición do festival.

Hoxe xa comezou a venda de bonos (5 espectáculos a 13€), e os podedes mercar no Pazo da Cultura de 11:00 a 14:00h. Para cada espectáculo, a taquilla abre hora e media antes.

Danza Carballo 2015 1 Danza Primavera Carballo 2015 2 Danza Xoves 30

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios