Luns. 14.10.2024
El tiempo

A Deputación abre o prazo de tramitación das axudas para as entidades en ánimo de lucro

A Deputación abre o prazo de tramitación das axudas para as entidades en ánimo de lucro
Adro de Baio é unha das moitas asociacións da Costa da Morte que traballan na difusión da cultura galega Adro de Baio é unha das moitas asociacións da Costa da Morte que traballan na difusión da cultura galega Se fai uns días comezou o prazo para que os concellos inciasen as súas tramitacións agora tócalle o turno ás asociacións e outras organizacións sen ánimo de lucro. Así se desprende nas bases da convocatoria anual de subvencións da Deputación publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia e que están destinadas a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña. Trátase de axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes, e Servizos Sociais e inclúen dende achegas para programas de igualdade de oportunidades e loita contra a violencia de xénero ata axudas para confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadoras e entidades asociativas agrarias. Tamén figuran, entre outras, subvencións destinadas a clubes deportivos que participen en competicións federadas dende o ámbito local ao internacional, ao desenvolvemento de programas sociosanitarios e a actividades ou equipamentos culturais e deportivos. O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e remata ás 14.00 horas do día 15 de xaneiro de 2016. As mesmas realizaranse, un ano máis, por vía telemática a través web da Deputación www.dacoruna.gal.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios