Xoves. 18.04.2019
El tiempo

A diversidade dáse cita en Carballo a través de Aloumiños

A diversidade dáse cita en Carballo a través de Aloumiños
Mañá comeza en Carballo o 2º "Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade" organizado por Aloumiños en colaboración coa Universidade da Coruña -UDC-. O programa desenvolverá 7 actividades que terán lugar entre mañá, 26 de febreriro, e o 17 de xuño. Desde Aloumiños indican que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes enfermidades dun xeito o mais adecuado posible. Ademais, nas xornadas participan profesionais dun altísimo nivel e recoñecemento, o que fan que "o programa sexa un reto para todos os membros da nosa entidade", indican. Neste reto estarán acompañados dos membros daf acultade de Psicoloxía Evolutiva da Universidade da Coruña. Os actos desenvolveranse os venres no Forum Carballo ás 19:30 horas e diríxense a calquera persoa ou familiar interesados nas diversas temáticas. Programa-Alouminos-e-USCde-Educacion-e-Solidariedade

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios