A Festa da Pataca sacou a súa faciana máis entroideira
Impresionante foi a celebración dos 35 anos da Festa da Pataca de Coristanco. O día máis importante do ano na capital agrícola, pois é precisamente o tubérculo o meirande valor produtivo e identitario da xente coristanquesa.
Arredor das 20.000 (unha cifra histórica) persoas ateigaron as rúas para disfrutar da Ruta do Pinchos e, sobre todo, do desfile dos tractores engalados. Unha demostración de creatividade e humor, que fixo as delicias do público.
A carroza campiona foi o “O trompo” ou “Buxaina”, de Xosé Manuel Díaz, por diante do traballadísimo muíño de vento e a divertida e satíritca Pantoja, que dá conta de que o desfile de tractores ten un bo arrecendo a entroido.
A buxaina, campiona do Concurso de tractores da Festa da PatacaMoi boa foi a implicación alumnado do colexio Xosé Pichel de Traba durante esta semana para a creación das figuras con patacas, que deixaron un concurso moi reñido.
A xornada arrincaba coas verbas de Evaristo Domínguez, o pregoeiro, que volveu ata os tempos do descubrimento de América para lles agradecer a chegada do tubérculo. Benigno Campos tomou o protagonismo case á hora de xantar, nunha cociña na que non collía un alma máis.
Houbo ademais boas sopresas, como a presencia de Rodesindo da Barosa, o Afiador, que tivo un éxito fantástico, así como a actuación de Pazos de Merexo e o seu neto, que fixeron soar o acordeón diatónico ao ritmo da pataca!
As Vacas na Festa da Pataca-Foto-Rodrigo MarinoFonte
- Redacción de QPC ([email protected]).