Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil

A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil
Concurso de Relatos Curtos da Fundacion Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco de Lema, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e coa Estación de Servizo Bazarra, ven de convocar o seu I Concurso de Relatos Curtos.

O concurso está destinado aos alumno/as dos centros educativos de 10 concellos da contorna (Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas), establecéndose 2 categorías: Categoría A (2º e 3º Ciclo de Primaria) e Categoría B (E.S.O.).

Os relatos poderán ser historias fantásticas ou experiencias reais, e todos terán como temática principal a EMIGRACIÓN. Tódolos relatos deberán estar escritos en lingua galega, e terán unha extensión máxima de 6 folios escritos a ordenador (no caso da Categoría A os traballos poderán tamén presentarse manuscritos si así o desexan).

Máis información

Entregaranse tres premios por categoría de 150, 100 e 50 euros, ademáis de diploma.

O prazo para a entrega dos relatos remata o 15 de maio, resolvéndose o concurso nun máximo de 45 días naturais contados dende a data límite de entrega. Para elo organizarase un acto de entrega de premios que será debidamente comunicado aos premiados e á sociedade en xeral.

As bases completas do concurso poden descargarse na web www.museofernandoblanco.org (apartado CONCURSO).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco

Comentarios