Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural

A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural
O Mes da Fundacion Fernando Blanco

Non para a Fundación Fernando Blanco. Da man do seu Coordinador Darío Areas, preséntanos hoxe a programación pechada a que será segunda edición do Programa Cultural "O Mes da Fundación”, a desenvolver ó longo de todo o mes de outubro. Xa o ano pasado deron conta do poderío cultural que teñen, e este ano prantexan, de novo, un programa paralelo, con actividades para os colexios de Cee, e con actos para o público en xeral.

Grandes da cultura costeira pasarán polo Museo da Fundación, a Antiga Escola de Nenas de Cee, polo IES Fernando Blanco ou polo Salón de Plenos do Concello ceense.

Convenio ca Deputación

Antes de repasar o programa, damos conta do convenio de colaboración entre a Deputación e a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, coa finalidade de financiar o programa de actividades culturais a realizar ó longo do ano 2014. Este convenio, aínda que aprobado o pasado venres, ten efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2014. O custe total das actividades ascende a 16.000 €, dos que a Deputación aporta 0 80% (12.800 €).

Programa do Mes da Fundación 2014

O Mes da Fundacion Fernando Blanco
  • SÁBADO 4 OUTUBRO: (20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Cee).
    “As enfermedades reumáticas e o cambio climático”. Conferencia do Doutor Francisco Blanco García (Reumatólogo do CHUAC e Director científico de INIBIC).
  • SÁBADO 11 OUTUBRO (20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Cee):
    “Contar e Cantar”. Charla Concerto sobre Música Tradicional Galega a cargo de Xabier Díaz (músico, compositor e ex - compoñente do grupo Berrogüeto).
  • SÁBADO 18 OUTUBRO
    (Dende ás 19:15 horas na capela do IES Fernando Blanco): Ofrenda floral e misa na honra de D. Fernando Blanco de Lema coa participación da Coral do Centro Social de Cee.
    (21 horas no Salón de Actos do Concello de Cee): “Memorias dun neno labrego”, de Cándido Pazó.
  • SÁBADO 25 OUTUBRO (20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Cee):
    “O vapor Great Liverpool. Un palacio victoriano afundido en Gures”. Conferencia de Miguel San Claudio (Arqueólogo subacuático).

Programas nos Centros Escolares

  • Martes 14 de outubro. IES Fernando Blanco:
    “A costa dos mil naufraxios”. Conferencia de Rafael Lema Mouzo para alumnos/as de Bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces.
  • Venres 17 de outubro. IES Fernando Blanco:
    “A Ciencia dos Superheroes”. Charla-espectáculo científica impartida por Ceo Aberto Creatividade. 3 sesións dirixidas a alumnos/as da ESO do IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces e CPR Manuela Rial.
  • Martes 21 de outubro. Salón de Actos do Concello de Cee:
    “Lobo bobo”. Contacontos da Compañía Elefante Elegante Teatro dirixido a alumnos/as de Infantil e 1º Ciclo de Primaria do CEIP Eugenio López, CPR Manuela Rial, CEIP da Igrexa de Brens e EEI de Pereiriña.
  • Martes 28 de outubro. IES Fernando Blanco:
    “Obradoiro de Poesía”. 2 Obradoiros impartidos por Leö Kch (rapeiro) e dirixidos a laumnos/as de 3º Ciclo de Primaria do CEIP Eugenio López e do CPR Manuela Rial.
  • Venres 31 de outubro. IES Fernando Blanco:
    “Letras e Ciencias”. 2 Obradoiros impartidos María Canosa (escritora) e dirixidos a alumnos/as de 2º Ciclo de Primaria do CEIP Eugenio López e do CPR Manuela Rial.

Agradecementos

Dende a Fundación agradecen a colaboración de varias empresas e entidades que fixeron posible que esta segunda edición fose unha realidade: DEPUTACIÓN DA CORUÑA, E. S. BAZARRA, FUNDACIÓN BARRIÉ, GRUPO INSUA, CENTRO AUDITIVO NORDÉS, UPI CEE, FUCO CORBELLE, APER SEGURIDADE, ADMINISTRACIÓN DE LOTARÍA COSTA DA MORTE, SUMINISTROS LAR, CEECOLOR, CENTRO SOCIAL DE CEE, DROGUERÍA-PERFUMERÍA COUTO, e tamén o CONCELLO DE CEE e a FERROATLÁNTICA como patrocinadores do Museo Fernando Blanco.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios