![cara-B-Rego-da-balsa]()
A biblioteca Rego da Balsa de Carballo quere descubrir este inverno a cara B da cultura cunha serie de actividades encamiñadas a poñer en valor xéneros, artistas, creador@s e mesmo temas de debate que moitas veces quedan nun segundo plano malia a súa calidade, importancia ou interese.
![]()
Ata 21 de marzo prestaranlle unha atención especial á figura da muller e a resaltar o seu papel nos ámbitos da cultura a ciencia e no progreso da sociedade en xeral. A muller será a protagonista das
Xornadas Guerrilleiras -
que se desenvolverán do 6 ao 11 de marzo- e que converterán a biblioteca Rego da Balsa nun laboratorio de ideas, propostas e actividades feitas por mulleres pero que queren converterse nun reclamo tanto para mulleres coma para homes. A
exposición colectiva “A muller a través da arte”, con obras de Alejandra Matínez, Laura Tova, Lara Pintos e Julia Aguiar; o o
bradoiro “Debuxando en igualdade”, o Faladoiro coas Guerrilleiras e un obradoiro de mural feminino son algunhas das propostas que se desenvolverán arredor do 8 de marzo, Día da Muller.
Curruncho Pop
A música alternativa volverá a encher o auditorio da Biblioteca Rego da Balsa cunha
nova edición do Curruncho Pop, que arranca tamén no inverno e que se prolongará durante a primavera. Nesta segunda edición estarán artistas coma Javier Colis e Psychofonía, o sábado 4 de marzo, e Víctor Coyote, o 18. Os convites estarán dispoñibles ao longo de toda a semana anterior e as reservas poden facerse, de balde, na propia biblioteca.
Contacontos, obradoiros, presentacións literarias, faladoiros, proxeccións e recitais completan a programación de inverno, na que continúan tamén o
clube de lectura da Biblio Rego da Balsa, o clube de lectura en francés en colaboración coa asociación de Irmandamento con L’Isle Jourdain e a campaña #puntoB, a través das redes sociais.
Novas relacionadas
Fonte