Agosto despídese cunha completa #AxendaCostadaMorte

08:15 25/08/17

Festas
- Malpica celebra esta fin de semana as súas Festas do Mar. As actividades arrancan xa hoxe pola mañá co concurso de Barcanas e Castelos de Area e continúan ata o domingo onde a música terá moito protagonismo.
- Tamén dende hoxe, mañá e o domingo, a localidade camariñana de Arou celebra as festas de San Bartolo.
- Hoxe, mañá e o domingo estarán tamén de festas no Val de Sardiñeiro para honrar ao Sagrado Corazón de Xesús. Ademais dos actos litúrxicos haberá moita troula.
- En Nantón (Cabana de Bergantiños) celebran hoxe e mañá as festas na horna á Virxe do Carme.
- En Mira (Zas) celebran mañá sábado a tradicional romaría de San Roque do Monte. As misas comezan xa dende as 11 da mañá e a sesión vermú estará amenizada pola orquesta Latyn Gala Show que tamén actuará á tarde-noite xunto co grupo M-5 Galicia.
- En Canduas comezan mañá tres días de festas con moita música por diante.
- Mañá e o domingo, en Dumbría celebran as festas do Carme. O sábado a verbena correrá a cargo das orquestas Atenas e Cinema e o domingo será o turno de Costa Dorada e da disco móbil CDC.
- Na parroquia laxense de Traba celebran dende mañá e até o luns a Romaría dos Milagros na que os actos litúrxicos se misturarán co son das orquesta.
- En Coiro (Mazaricos) celebran mañá e o domingo a Romaxe onde non faltará o xantar popular nin a música de orquesta.
- Entroido de verán en Corme. As festas de San Roque de Corme chegan cun completo programa que comeza mañá co simpático e xa tradicional Entroido de Verán. Ademais, do domingo 27 de agosto ao martes 29, verbeneo máximo. Entre as citas singulares, a xornada de Fútbol Gaélico que acollerá o campo do Cairo o domingo ás 18 horas.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas. Visitas teatralizadas. Todos os domingos de xullo e agosto ás 13 ás 17 horas os personaxes Roi e Elvira relatan o pasado do castelo.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. Visita guiada e demostración do funcionamento dos batáns e muíños todos os sábados e domingos ás 13h e ás 18h.
- Sala Antón Mouzo. A artista Teresa Candal expón Matriz, unha mostra pictórica “metáfora do nacemento” na que o corpo da muller é o protagonista. Pódese ver na Sala Antón Mouzo, na Casa da Cultura de Vimianzo, até o 20 de setembro. O horario en agosto é de luns a venres de 9 a 15 horas; e en setembro de luns a venres de 9 a 20 horas e os sábados de 9 a 13 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
- Do 12 ao 31 de agosto abre de novo as portas da Casa das Peritas de Fisterra cunha mostra que leva por título “Arredor da familia e outros contos”. Mañá, ás 20 horas, terá lugar a inauguración.
Outras citas
- Olaia Sendón presenta este domingo na vila do Cristo, o documental "Fisterra, Carne de Safari".
- Ruta do "Megalitismo Somerxido". O concello de Vimianzo organiza para mañá unha ruta polo encoro da Fervenza onde os participantes descubrirán ata sete mámoas.
- Obradoiro de Olería no patio do Castelo de Vimianzo. Mañá a partir das 17 horas, membros da Olería Cambón impartirán un taller para traballar co barro.
- Concertos nas Torres do Allo. Esta fin de semana hai dúas citas musicais nas Torres do Allo. A 1ª delas é hoxe ás 20:30 horas, cun concerto de música clásica da man do violinista Kamo Petrosian. E xa o domingo, tamén ás 20:30 horas, Xoán Curiel e Iris Gey ofrecen outro concerto que leva por título “Ao encontro de Martín Códax” .
- Concerto en Corcubión. O pub Dados acolle esta noite, a partir das 23:30 hora, un concerto da man do trío da Bakin, Turnes&Casquero&Ferrández.
- XI Solpor Poético en Laxe. A praia dos Cristais acolle mañá sábado, ás 20 horas, a entrea de premios do XI Certame de Poesía Antón Zapata.
- Acción Natulóxica no Centro Comercial Finisterrae. A poesía cítase mañá en Cee a partir das 20 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)