Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Aires místicos do Olimpo Celta dende 1908

Aires místicos do Olimpo Celta dende 1908
Portada e primeira páxina da revista "Aires da Miña Terra" do 1908

O noso compañeiro Quino Pais vén de achegarnos un tesouro que tiña gardado no seu baúl das lembranzas. Trátase do número 30 da revista "Aires na Miña Terra", editada en Bos Aires aló por novembro de 1908. E na primeira páxina, podemos ler un fermoso artigo de Jauma Palmarola, cartógrafo e pintor catalán, sobre o Monte Pindo.

Describe Palmarola o Olimpo Celta como parte dunha brutal e macabra descrición de Edgar Alan Poe, dadas as posicións titánicas e dantescas das súas enormes rochas graníticas e mais os seus carballos de tamaño fabuloso. Entre as pedras, destaca a menche, sinistra pedra sagrada para realizar sacrificios humanos provista cunha cavidade para recibir o sangue das vítimas... Unha menche que todavía non coñecemos, e pola que preguntaremos aos especialistas arqueolóxicos da zona.

En todo caso, Palmarola mestura a realidade natural coa tradición e as leis de orde celta e druídico, con historias que poderían ter saído da boca de Pepe do Fieiro, como a da Fonte das Chozas coñecida como a fonte dos Encantos. Unha delas conta que unha mala ialma tivo a diabólica idea de incendiar o bosque sagrado, que estivo 9 anos ardendo, algo que tamén parece profético.

Palmarola atribúe orixes gregas ao nome, e non descarta as lendas que sitúan un templo grego na Moa.

Comparte Palmarola verdadeiras experiencias visuais no Pindo, gracias ás festas do Patrón, i é que como pintor que era, o espectro de cores do solpor sobre o Atlántico deixoulle mella. Así, remata o artigo invitando a todos os pintores do país a visitar a grandiosidade suxestiva do Finisterre para trasladar á tela ese mar inquedo e escumeante puidendo ofrecer unha visión wagneriana

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios