Luns. 09.12.2019
El tiempo

Ángel Carracedo abríu o San Xoán do seu Bergantiños

Ángel Carracedo abríu o San Xoán do seu Bergantiños
Angel Carracedo deu o pregon do San Xoan Ángel Carracedo deu o pregón do San Xoan carballés

Arrincou o San Xoán e fíxoo cun sinceiro e emotivo pregón da man do científico xalleiro Ángel Carracedo. Esta eminencia mundial valorou como unha “honra” ser escollido para ser o pregoeiro dunha festa como esta, completando así un trío de pregóns que o enchen de orgullo. “Os pregóns só se poden dar nos sitios dos que se sinte un. Un foi en Santa Comba a miña terra natal nas festas de San Pedro; outro, o das festas do Apóstolo en Santiago, a miña terra adoptiva, e este ten que ser aquí en Carballo, a miña terra bergantiñá querida, que non sei que me pasa con ela pero canto máis estou máis me gusta seguir aquí”.

Foron os estudantes do seu “club de fans do Brañas” os que fixeron todo o posible para que o xalleiro abrise as festas e tamén vaia á Festa do Bosque. Uns estudantes moi vencellados a Carracedo nos últimos tempos, pois cada un dos últimos alumnos que vén apadriñando é bergantiñán.

Carracedo lembrou os seus vínculos coa terra bergantiñá, dando conta que os “Carracedo de Santa Comba somos de Rus”. Ademais quixo destacar unha acción educativa que vén comprobando: “Descubrín aquí en Carballo país e nais que son un exemplo do que fan con fillos con problemas”.

A organización e o Concello brindoulle como un retrato de Mon Lendoiro e o mítico carballo de Sargadelos.

O alcalde Evencio Ferrero quixo agradecer “o humanismo e a sensibilidade” de Carracedo, pero tamén tivo palabras de lembranza para o policía local José Luis Garea e ao poeta, percebeiro e político Paco Souto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios