Sábado. 20.07.2019
El tiempo

#AoSondoRural: O proxecto de transformación social do alumnado do IES de Baio

#AoSondoRural: O proxecto de transformación social do alumnado do IES de Baio
Ao son do Rural- IES Baio CARTEL ”Crear unha acción comunitaria para xerar aprendizaxe colectivo como prática de transformación social. Un desexo de revindicar a nosa identidade: o lugar onde vivimos e nos criamos, a súa riqueza natural e arquitectónica, a súa lingua entre outras moitas cousas”. Así define o alumnado de Xestión Cultural, Igualdade e Imaxe e Son do IES Maximino Romero de Lema o seu novo proxecto educativo. Un grupo de rapazas e rapaces que están demostrando que con gañas, e algún que outro mestre valente ao seu redor, se poden facer moitas cousas dende o esquecido occidente. "Ao Son do Rural" preséntase como un espazo de encontro para partillar coñecemento a través do alicerce da comunicación interxeracional. Un proxecto que "non é simplemente unha sucesión de actividades senón un proxecto interdisciplinar, planificado e que busca perdurar no tempo construíndo unha ruta didáctica ao redor dos muiños de Su Agra, os Pasos e as Quintas. Para isto contamos coa inestimábel colaboración da ANPA, Asociacións veciñais e culturais da contorna e Concello". Un proxecto que se desenvolverá en varios faladoiros abertos a toda a comunidade educativa ao longo do curso, con encontros con artistas relevantes da zona e da cultura galega. A primeira cita será este sábado, día 2 de febreiro, e contará coa presencia de tres escritores que teñen un claro nexo en común: a súa paixón polo rural. Estarñan en Baio a escritora Natalia Lema (Baiñas) e os polifacéticos escritores Xurxo Souto (Monte Alto) e Manolo Rivas (A Marola), que intentarán trasladar a enerxía que desprenden pola vida, polas súas profesións e polas súas orixes.

Programa

A xornada do sábado, complemente aberta á cidadanía, comezará ás 10:00h con “Ao son do Río Grande”, unha andaina (se o tempo o permite) para realizar unha peza audiovisual e visibilizar os Muiños de Su Agra, Os Pasos e As Quintas. Ás 11:00h toca “Ao son da Danza”, coa presenza do grupo de música tradicional do Centro Vintenbaio, a Asociación Adro de Baio, a Asociación Churía de Zas, Escola municipal de música e Trubisquiña de Vimianzo. Ás 12:00h explicarán o proxecto á prensa; Ás 13:00h será o faladoiro “Ao son da literatura” cos escritores ata ás 14:00h, que comezará o Xantar, organizado polo alumnado e as familias de 4º da ESO para recadar fondos para a excursión.  

Novas relacionadas

Comentarios