As 42 webseries que poderás ver no #CarballoInterplay

Xa ollamos o completo Programa Actividades para o #CarballoInterplay2018. Pero os máis entendidos agardaban como auga de maio a selección do xurado das 42 webseries que se proxectarán na 5ª edición do Festival de contidos dixitais carballés, durante os días 4, 5, 6 e 7 de abril.
Son 42 as series que competirán polos 5.000 euros en premios. 42 escollidas entre as máis das 250 presentadas, entre as que temos 3 propostas galegas e en galego, 12 do resto do estado e 27 do resto do mundo: Arxentina, Australia, Canadá, Chile, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Líbano, México, Nova Zelanda, Reino Unido, Suíza, Uruguai e, por suposto, España.
As 42 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -tres internacionais e tres do Estado- nas tardes do xoves 5, do venres 6 e do sábado 7, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta ata completar aforamento.
VSO en Galego

As series escollidas son: Antolepsia, Galicia Crime e Monumento.
Españolas

As webseries españoñas finalistas son: Buster, Colegas, Dorien, La Leyenda de la Princesa Tetasuko, Mambo Naranjito y Yo, Polis Corruptos, Road to Andaloser, Si fueras tú, The last Call e Todos queríamos matar al presidente.
Internacionais

As webseries internacionais finalistasson: 13.11 (Nina), Bright Summer Night, Chack Morris Life, Deluxe Motion, Echoes of IS, Emilia Envidia, End Unsung, God's 17, Hotel Romanov, John Death, Just Cuddle, La división, La strategia dell'acqua, Loop, Memoria digital, Middlemarch: The Series, Noche de paz, Perverts Anonymous, Recursos Humanos, Sexy Herpes, Shakespeare Republic: #LoveTheBard (Season Two), Supa Supa, The Big Nothing, Urban Legends, Women Of The Island, Yes No Maybe e Zyara (season two).
O Xurado
Cada un destes bloques competirá por cadanseu premio de 800 euros, que decidirá o xurado do festival, composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a crítica Desirée de Fez, o xornalista Iago Fernández, a actriz María Tasende, o guionista Oscar Cruz e a directora Anxos Fazáns. Ademais, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e, por vez primeira nesta edición, un xurado novo entregará outro premio de 400 euros. Conforman este xurado a youtubeira Nuria Espasandín, o músico Cristian Andrade a ilustradora Laura Tova e o picadiscos e programador do Xiria Pop Maikel Pérez.Novas relacionadas
- Programa Actividades 2018: Buceando na rede cun completo programa de actividades no V Carballo Interplay.
- 2018: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- 2018: “Experiencia audiovisual extrema” no Carballo Interplay.
- 2018: Varias marcas do audiovisual confirman a súa presenza no Carballo Interplay.
- 2018: Dúas proxeccións poñen en marcha o Carballo Interplay
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay