Sábado. 12.10.2024
El tiempo

As Crebas do Rostro chegan ao Museo

As Crebas do Rostro chegan ao Museo

Manuel Sendón convírtese no auténtico Xan das Crebas e estrea, este xoves 26 de maio dous traballos no fantástico espacio da Factoría de Santiago de Compostela, ao carón da Quintana. Dous proxectos nos que a Costa da Morte ten especial incidencia pois falamos do Proxecto Costa da Morte, que xa estivo en Fisterra e no Museo do Mar de Vigo.

De feito, moitos veciños de Fisterra achegaranse por Compostela para volver a ver, sobre todo, a exposición homenaxe de Fran Herbello aos mortos do Bonito naquel fatídico 18 de xaneiro de 1960. As obras de Luis González Palma e de Graciella Saco, creadas por e para a Costa da Morte, tamén forman parte do Proxecto.

Crebas

Pero ademais, o fotógrafo afincado en Sardiñeiro, inaugura unha nova exposición: "Crebas". Trátase diso mesmo, materia inorgánca recollida fundamentalmente na praia fisterrá de Mar do Rostro, agás unha sacada da zona de Muros.

Deste xeito invitamos a toda a veciñanza da Costa da Morte, sobre todo á afincada na capital galega, a achegarse pola Factoría, para coñecer este simbóico espacio, e para ver de preto as marabillas que nos outorga o mar nas tremendas imaxes de Manuel Sendón.

As Crebas de Miro Villar

Ademais, as fotos de Sendón serven para ilustrar o novo libro de poesía de Miro Villar, que o ano pasado recibiu o premio do Certame de Poesía “Concello de Carral”. Este venres 27 de maio terá lugar a entrega do premio deste ano, cita que servirá para presentar a edición do libro do ceense.
O acto realizarase na Casa da Cultura, ás 20:30 h, e está incluído na programación de Letras Galegas 2011. As persoas que asistan recicirán un exemplar do libro “As crebas” de mans do Técnico de Cultura, Carlos Lorenzo.

Máis información

Novas relacionadas

Más novas

Comentarios