luns. 12.05.2025
El tiempo

Axenda completa para pechar maio

Axenda completa para pechar maio
Axenda 25 maio 2013

Completa unha vez máis a Axenda Costa da Morte para esta fin de semana, nesca case que comezo do verán. Uns días cargados de música, folclore, gastronomía, festas e moito, moito sendeirismo.

O venres comezamos a fin de semana no instituto, co I Xantar e Xuntar que servirá para poñer o broche final á VIII Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema, con comida e boa música nada menos que con aCadaCanto.
Xa pola noite, teremos a posibilidade de ver bo cine árabe en Corcubión co mini Festival AMAL, e ademais un par de citas musiqueiras, cun concerto de Familia Caamagno en Carballo e un concertazo de blues do Professor Turnes & Rafa Mississipi en Sardiñeiro.

O sábado e o domingo chegan con sabor a congro, coa visita dunha expedición de Calatayud ata Muxía, que completará de actividades a fin de semana arredor do congro na vila da Barca.

Unha das citas máis esperadas é a Gala polos 25 anos da Agrupación Ximiela, que unirá Muros enteiro a través do folclore.
E como non podía ser doutro xeito, non faltarán as festas verbeneiras Festas de San Eleuterio de Tella, en Ponteceso.

Pero como dicimos, as verdadeiras protagonistas da fin de semana son as tutas de Sendeirismo, e temos ata 4 citas estes días. O sábado toca Andaina por Camariñas, mentres que o domingo teremos 3ª etapa do Camiño dos Faros entre Laxe e Ponteceso, Roteiro Circular polo Monte Pindo, e marcha solidaria contra a mina de ouro de Corcoesto por Cabana.

O domingo poderemos Presentación en Corcubión do poemario de Serxio Iglesias “Viaxe ao interior da fenda”.
E como non, para pechar o mes das Letras de Vimianzo, teremos un concerto da Escola de Música de Vimianzo a golpe de guitarra.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios