domingo. 11.05.2025
El tiempo

Axenda da primeira fin de semana de maio

Axenda da primeira fin de semana de maio
Pincha na imaxe para ir a www.axendacostadamorte.com

Comeza o mes de maio e xa vemos que as actividades cada vez son máis numerosas na Axenda Costa da Morte. Esta fin de semana temos un pouco de todo, con roteiros, concertos, teatro, festas, charlas…

E comezamos a golpe de venres cun novo Faladoiro en Carballo con Avelino González falando de recortes. A cita máis singular do venres será o Recital de Manolín en Cee, a onde levará ás súas "realidade, saudades e soños" en clave de poesía. E para completar a noite, sesión de cine Dogma en Corcubión.

O sábado amencerá cunha boa Ruta de sendeirismo por Muxía e continuará coas sesión vermú das verbenas da fin de semana, nas Festas de Serramo e nas Festas de Santa Irena, ambas en Vimianzo.

Teremos tamén o II Encontro de Corais Concello de Camariñas, e Viki Rivadulla inaugurará a súa exposición "O meu mar" en Malpica.

Por Muros, a tarde noite do sábado será completa, con Taller de Zumba e cita teatreira no marco da Mostra Xosé Agrelo, con Criaturas, de Teatro do Aquí.

E tamén o sábado teremos música, cun concerto en Muxía e outro de The Way en Carnota.

E coma sempre, o domingo, Vimianzo abre o Mes das Letras con Nau de Amores, da Escola de Teatro de Narón.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios