Axenda de teatro, música, monólogos e camiñadas na Costa
Chega unha nova fin de semana, a última deste mes de marzo, e antes de nada, lemos aos compañeiros de 4gotas.com que nos mandan un complicado parte meteorolóxico para a fin de semana na Costa da Morte:
Unha borrasca pasou o xoves por diante da Costa da Morte, uns 500km mar adentro e desprazándose cara o sur. O venres, situada en fronte de Lisboa enviará unha fronte a Galicia e malia que pola mañá haberá bastante sol, na tarde teremos que falar de chuvascos treboentos.
Despois deses chuvascos, non queda nada claro como quedará a atmosfera. O máis probable é que na mañá e no mediodía do sábado repítanse eses chuvascos e vaian desaparecendo na tarde do sábado e na madrugada do domingo.
Xa desde primeiras horas do domingo aumentará o vento do sur, acadará refachos forte e na mañá do domingo semella que chegará una fronte e deixará chuvias no resto do domingo.
De calquera xeito, como dicía o prognóstico non é tan fiable coma outras veces, polo que o mellor é consultar 4gotas.com xusto antes de estar interesado no tempo.
Música, teatro e Camiño
E chega con música, moito teatro e unha nova camiñada a fin de semana. Comezamos na noite do venres co monólogo de Javier Varela en Cee. Ademais, teremos sesión teatral en Carballo ca Aula Municipal, que repetirán tamén na tarde-noite sabatina.
Para o sábado comezamos cun natural Xantar Festivo pola terra en Corcoesto, convocado polas entidades contrarias á mina de ouro. Xa pola tarde, toca libros, cunha Lesentopía co Club de Lectura de Corcubión, e no Faro Vilán coa presentación do último libro da SEMSCOM. Tamén poderemos disfrutar a obra de Sarabela Teatro en Muros e o monólogo de Evaristo Calvo en Malpica.
E xa o domingo arrinca coa 3ª Etapa do Camiño dos Faros, que seguro que enche de transos a comarca de Bergantiños.
E xa pola tarde, teremos Eme2 Teatro en Carballo para pechar o programa cultural teatral do Concello carballés e, como non, a cita domincal vimiancesa no Mes das Contadas, cos Contos de Cándido Pazó en Vimianzo.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).