Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Axenda dunha fin de semana ibicenza na Costa da Morte

Axenda dunha fin de semana ibicenza na Costa da Morte

Sen lugar a dúbidas, a cita desta fin de semana chega en clave electrónica. Beach Party Carnota convertirá Lariño na Ibiza galega, cunha mestura de deportes náuticos e djs que fará que toda a provincia mire para o noso paraíso.

Citas musiqueiras para o venres, como o debut en concerto dos Aces Full en Cee, o Son do Galpom tamén en Cee. Ademais en Muxía terán o VIII Concerto Folk, que prepara as Festas do Carme.

De Festas tamén están toda a semana en Cereixo, emais o sábado e o domingo en Tella, Ponteceso.

Non faltarán as citas culturais, coa Barferencia arqueolóxica en Carnota, desta volta con Alfredo González Ruibal; e mais en Corme, cunha conferencia da mesma Cristina Torre Cervigón sobre bioloxía.

Máis información

Fonte

Comentarios