O Beach Party Carnota converitá Lariño na Ibiza Galega


Xa nolo contaba Andrés Fábregas, un dos organizadores: Este Beach Party Carnota vai ser brutal. E xa está todo en marcha. Esta fin de venres 27 e sábado 28 de xullo de 2012, o Faro de Lariño convertirase nunha verdadeira Ibiza Ghallegha.
Espéranos a primeira cita electrónica de verdadeira referencia da Costa da Morte, con ducias de djs de primeira, e moito, moito deporte. Unha combinación perfecta, a música electrónica e os deportes acuáticos, para convertir Carnota nun verdadeiro paraíso.
BCP SUN e BCP Moon
Así haberá sesións de día e de noite. Polo dia, baixo o "sun" poderemos disfrutar de deportes como o surf, o kitesurf, fútbol praia (organizado pola Punta Insua e Asaghieiras), body, paddleboard... Ademais terá protagonismo especial as 7 bravas do Shark Girl Surf Team. E como non, o meirande embaixador de Carnota, o campión mundial de kite, o carnotán Abel Lago.
Pola noite, "under de moon", a música tomará o relevo. Chegarán djs, escollidos pola xente de MDProject, de Canarias e tamén de Santa Comba para trasladar o festón dos sábados xalleiros a Carnota.
Haberá promocións de 2x1 ata a 1:00h e xa poden conseguir entradas pola rede.
Así que xa saben: #NosvemosenCarnota.
Máis información do Beach Party Carnota 2012
- www.beachpartycarnota.com.
- Facebook do BPCarnota.
- Twitter do BPCarnota.
- Venta de entradas anticipadas (O prezo da entrada é de5 euros/1 día 9€ o abono)
Novas relacionadas
- Andrés Fábregas: “O Beach Party Carnota quere dar a coñecer este paraíso a través da música e o deporte”.
- Beach Party Carnota: Nova cita electrónica da Axenda Sonora da Costa da Morte.
- San Mamede, lugar de festexeiros profesionais.
Máis novas festivaleiras
- 10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- Un Atalajazz de estreo en Laxe.
- Cempés, A Quadrilha, Xarnege e Ultraqans para a XXIX Festa da Carballeira de Zas.
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Xa vividos:
Por disfrutar: