Martes. 04.08.2020
El tiempo

Axenda teatreira da fin de semana no ecuador de novembro

Axenda teatreira da fin de semana no ecuador de novembro

Nova fin de semana de cultura na Costa da Morte esta do ecuador de novembro. Sorprende vela tan cargada con concertos, magostos, e moito, moito teatro.

Comezamos a golpe de venres, cun magosto gaiteiro en Vimianzo. A golpe de castañas tamén hai cita en Laxe, que se compaxinará coa Mostra de Artesanía. O venres Tamén poderemos ir Mostra de Teatro de Malpica a obra de Teatro Teruca Bouza. O venres tamén teremos un doble concerto de música experimental na Capela do Pilar de Corcubión, da man da Universidade Cromática das Virtudes, que o sábado tamén terán cita coas súas Lesentopías. Ademais, como cada venres cine en Corme na honra a Burt Lancaster.

Como dicimos o sábado será unha noite de teatro. En Muxía teremos á Compañía Malasombra; en Ponteceso estará Talía Teatro con Pelos na Lingua; en Vimianzo hai monólogo por partida doble.
Xa o domingo VImianzo acollerá un fermoso concerto de Sés, totalmente recomendable; mentres en Cee estará a escola de teatro local con "Mala hostia".

Ademais, ao longo da fin de semana teremos Festas en Rus.


Máis información

Fonte

comentarios