Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Cabana comezou a recuperar a memoria do Inverno

Cabana comezou a recuperar a memoria do Inverno
En marcha está o ambicioso programa cultural Inverno da Memoria. Un novo programa presentado polo departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do concello cabanés. Un programa que trata de recuperar a memoria das escolas galegas e cabanesas desde os anos 60 do século XX ata hoxe. Un programa con sentido social e cultural, algo que se bota en falta na meirande parte dos concellos da bisbarra. E foi este pasado sábado 29 de xaneiro cando tivo lugar a apertura do programa, que aproveitou a inauguración da reforma do edificio da escola unitaria de Borneiro para arrincar. O propio patio da escola unitaria de Borneiro renacía cunha actividade inusual posto que para ser día non lectivo estaba ateigado de rapaces e non tan rapaces que, asesorados polo mestre Carlos Conde recordaban os xogos populares cos que se divertían os alumnos de antano. Pero non todo foron xogos nesta primeira xornada, xa que, ás 18:00h da tarde, baixo os acordes do grupo de gaiteiros de Borneiro, as autoridades José Manuel Pose Mesura, subdelegado do Goberno, José Luís Mira Lema, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Muíño Dominguez, alcalde do Concello de Cabana de Bergantiños e Perfecto Vázquez Lema, concelleiro de Cultura e Deportes bautizaron as obras de reforma do edificio da unitaria de Borneiro e abriron a exposición da aula histórica. Tras esta inauguración, Silvia Losada deu lectura a unha lección inaugural que tiña como título «As escolas de Cabana de Bergantiños no século XX». A continuación, Ángel Eiroa e Adrián Eiroa proxectaron o audiovisual «Fotografías e documentos para a memoria das escolas de Cabana de Bergantiños» o audiovisual «Documental sobre as escolas históricas de Galicia» cedido polo MUPEGA

Homenaxe aos mestres

Despois procedeuse ó acto de «HOMENAXE ÓS ENSINANTES NA PARROQUIA DE BORNEIRO». Nel, primeiro interviron as autoridades cos seus recordos escolares para despois agasallara cunha pizarra conmemorativa ós seguintes mestres: Carmen López González (a mestra máis antiga presente), María José Mariñas Gómez, Antonio Estraviz Segret, Rocío Toba Novo, Pilar Rama Martínez (mestra actual de Borneiro), Olga Varela Amado (profesora de Sinde que mañá non pode acudir a Canduas por motivos familiares), Rosa María Suárez Trigo (directora actual do CRA Os Remuíños) e Francisco Luís Abella Cruz (director do CPI As Revoltas). Seguindo coa entrega de agasallos, Perfecto Vázquez Lema agasallou a José Luís Mira Lema e José Manuel Pose Mesura con sendas pizarras conmemorativas. Non obstante, o agasallo sorpersa chegou das mans do alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, cando fixo entrega a José Luís Mira Lema da reprodución en gran formato dunha fotografía en Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. blanco e negro na que aparece o propio Mira como alumno na escola de Peralta (Nantón), xunto co seu mestre don Luís Cabalar.

E chocolate para pechar a sesión

A xornada concluíu co «chocolate da mestra», unha das tradicións nas escolas de Cabana de Bergantiños, durante a cal, cando o alumnado facía a primeira comuñón, as mestras colaboraban co párroco local ofrecéndolle cuncas de chocolate a cada alumno que recibía este sacramento.

Canduas acolleu a segunda sesión

O local social de Canduas acolleu na tarde de hoxe domingo a segunda sesión do programa Inverno da Memoria. A presente cita, como a da tarde do sábado en Borneiro, contou con gran afluencia de público que provocou que as cadeiras quedasen se quedaran escasas e os asistentes permanecesen en pé nos corredores e parte traseira do local. A profesora da Escola Municipal de Teatro, Silvia  Losada Crende, foi a encargada de ler a “Lección histórica sobre as vellas escolas de Cabana de Bergantiños”. A continuación, Ángel Eiroa, ós mandos dos equipos informáticos proxectou un presentación con fotografías e documentos das escolas de Cabana, así como un vídeo do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) sobre as escolas do territorio galego.

Organizador e colaboradores

O Inverno da Memoria está organizado polo departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística e conta coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), do CRA Os Remuíños e do CPI As Revoltas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela Varela.

Comentarios