Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo e Ribadeo estreitan lazos cunha exposición

Carballo e Ribadeo estreitan lazos cunha exposición
Hoxe, ás 2o horas, terá lugar no pazo da Cultura de Carballo a inauguración da mostra "Nordesía.", unha exposición organizada polos concellos de Ribadeo e Carballo. A mostra inclúe 19 obras de diversas disciplinas de 13 artistas. Ao acto inaugural acudirán o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero -; o concelleiro de Cultura - Marcos Trigo - e o tamén concelleiro de Cultura de Ribadeo, o carballés Farruco Graña. A mostra poderáse ver na sala de exposicións do Pazo da Cultura carballés ata o día 11 de xuño en horario de 17 a 21 horas. Fonte

Comentarios