Martes. 14.05.2024
El tiempo

Cee iguala a lingua cun certame de relatos curtos

Cee iguala a lingua cun certame de relatos curtos

E nova proposta dende a alcaldía e o Servizo de Normalización lingüística de Cee para dinamizar a lingua galega. O II Certame de relato curto "Igualando a lingua", co fin de promover o achegamento ao galego, e participando así na conmemoración do Día das Letras Galegas 2013, que este ano van adicadas a Roberto Vidal Bolaño.

Un certame que completa a aposta do concello ceense polo achegamento á cultura a base de concursos.

Máis información e inscricións

Prazo de presentación: ata o 6 de maio de 2013, establecéndose un prazo de sete días a maiores para aqueles relatos que se manden por correo ou mensaxería, sempre que a autora ou autor envíe por fax antes das 13:30h do día 6 de maio notificación de que envía o relato. Nº fax: 981746757.

Poden pedir máis información no 981745100 (Servizo de Normalización Lingüística). E as bases poden consultarse no taboleiros de anuncios do concello, no taboleiro do Servizo de Normalización Lingüística e tamén na páxina web do concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • a href="http://www.concellocee.es/index.php/gl/actualidade/333-ii-certame-relato-curto-qigualando-a-linguaq">Concello de Cee.

Comentarios