Martes. 14.05.2024
El tiempo

Cee incita á creación cultural aos seus alumnos cos certames da Biblioteca

Cee incita á creación cultural aos seus alumnos cos certames da Biblioteca
libros

Onte xa vimos os 9 concursos que abre a Deputación de Arte gráfico, banda deseñada, composición musical, teatro, rock, ensaio, lingua, literatura infantil e xuvenil en galego, artes plásticas e narrativa. Sabemos tamén que están en marcha o certame de poesía polas Mulleres do noso tempo e mais I Concurso de Relatos Curtos xuvenil da Fundación Fernando Blanco. E hoxe toca repasar os próximos concursos que organiza a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee.

Uns premios que teñen como único fin de animar ós nenos a ocupalo seu lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentalo hábito da lectura. Libro, Teatro e creación dun marca-páxinas volven ser os certames escollidos pola Biblioteca.

Achegamento ao libro

O Concurso Literario de “Achegamento ó Libro" está aberto a tódolos alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca, que terán que entregar antes do 20 de abril os seus relatos orixinais de non máis de dous folios, e por suposto, en lingua galega.

Haberá 5 premios de entre 50 e 90€, todos eles en vales, para material didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello.
A Biblioteca agradece á Imprenta Paco polos marca-páxinas e a Asociación Neria, que colaborou con diverso material didáctico que permitiu crear na pasada edición máis accésits.

“Achegamento ó Teatro"

O teatro é o espectáculo máis antigo e que mellor contribúe a que o ser humano exprese os seus pensamentos e os seus sentementos e, por outra banda, acadou co tempo un importante arraigamento no noso concello e en toda a comarca. Coa finalidade de animar ós escolares a que experimenten na creación dun texto teatral, con total libertade creativa canto a temática, estilo ou extensión, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” e a Concellería de Cultura, Educación e Deportes convocan un ano máis o Concurso Literario de “Achegamento ó Teatro”.

Haberá un único premo de 75€ envales para materia didáctico.

Concurso de Marca-páxinas

O marca-páxinas estará relacionada cun motivo que nos achegue ó libro, buscando sempre fomenta-lo hábito da lectura entre a poboación.

Haberá un único premo de 75€ envales para materia didáctico.

Certames abertos

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios