O Concello de Zas e a RAG coorganizarán un acto sobre Enrique Labarta Pose

12:34 24/06/25
A figura de Enrique Labarta Pose foi un dos temas centrais do encontro que mantivo esta mañá o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, co novo Presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, que recibiu ao rexedor na sede temporal da RAG. No encontro participou tamén a Secretaria da institución, Ana Boullón.
Durante a reunión acordaron que Concello de Zas e a Real Academia Galega coorganizarán o vindeiro ano un acto conxunto sobre a figura de Enrique Labarta Pose, que tamén formou parte da RAG e que o Concello xunto con outras asocacións leva anos traballando para que se lle adique o seu propio día das Letras Galegas.
O Alcalde aproveitou a ocasión para felicitar a Henrique Monteagudo polo seu recente nomeamento como Presidente da Real Academia Galega.