Luns. 09.09.2024
El tiempo

Coristanco estrea servizo de normalización lingüística

Coristanco estrea servizo de normalización lingüística
O de Coristanco é un dos nove concellos da provincia que terá un servizo de normalización lingüística de nova creación grazas á financiación da Deputación da Coruña. Xunto co de Coristanco, tamén naceu o servizo de normalización da lingua en Arzúa, Cedeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Sada, Oroso, Rianxo e Cambre. En total son 51 os concellos que contarán con servizos de normalización lingüística financiados pola Deputación da Coruña, nove deles de nova creación e seis deles responden á fórmula de mancomunidades. A liña de axudas convocada pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña incluía este novo ano como novidade a posibilidade de solicitar servizo para concellos desde os 5.000 habitantes. A vicepresidenta e responsábel da áre de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña - Goretti Sanmartín - defendeu a necesidade de “consolidar os servizos nas administracións locais que xogan un papel de especial relevancia no proceso de normalización lingüística”. Ademais, Goretti Sanmartín afondou no “valor do persoal de profesionais que están a traballar nese ámbito que é, finalmente, fundamental á hora de promover nas entidades locais o uso da nosa lingua”. A convocatoria estaba dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais para a creación, mantemento e reforzo dos servizos que teñen como obxectivo a promoción da lingua galega. O importe da partida orzamentaria concedida ascende a 384.000 € máis 84.000 € que se contabilizan para concellos que teñen pendente a entrega de xustificacións para a concesión definitiva. Novas relacionadas Fonte

Comentarios