Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Doce citas que non te podes perder este agosto na Costa da Morte

Doce citas que non te podes perder este agosto na Costa da Morte
Chega agosto, o mes das festas por excelencia. E na Costa da Morte, como non podía ser doutra forma, hai onde escoller. Estas son algunhas das citas que non podes perder. O mes arranca cunha cita das fortes: San Fins do Castro. Unha romaría das tradicionais que se celebra cada 1 de agosto na parroquia de Cesullas (Cabana de Bergantiños). O himno a San Fins, a queima do Santo de Pólvora, o Berro Seco, o baño en viño e as merendas no campo son algúns dos motivos que levaron a que este evento sexa unha Festa de Interese Turístico. En Zas reciben a Festa da Carballeira, que xa vai pola XXXV edición, cunha completísima Semana Cultural que culmina cun dos festivais folk. Venres e sábado (3 e 4 de agosto) a Carballeira de Velar vibrará ao son da mellor música folk do momento. Os galegos Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e os escoceses Mànran, son os cabezas dun cartel que terán o seu punto exótico na visita dos nipóns Harmonica Creams. A estes hai que engadirlles os galegos Astarot para a cita sabatina. Unha noite antes, a do venres, Pelepau romperá o xeo, a continuación actuará a irlandesa Niamh Ní Charra, a forza galega SÉS e o peche do primeiro día será a cargo de The Fatty Farmers. Ademais, o sábado hai sesión vermú, mexilóns gratis, foliada e actividades infantís. Riot Propaganda, Lendakaris Muertos, Non Servium, El Último Ke Zierre, Terbutalina, Festicultores Troupe, Liviao de Marrao, Almanimal, Indomable, Pya Cuberris, Adhara&Ritma e Lisdexia encherán Muros de rock durante toda a fin de semana. Os concertos xa arrancan o venres e continúan o sábado. Ademais da música, haberá outras actividades paralelas que ambientarán a vila. Tamén esta fin de semana (4 e 5 de agosto) Fisterra celebra a XXVII Festa do Longueirón e o V Encontro Pirata. Degustación de bivalvo, música, desembarco pirata e moita troula son algúns dos pratos fortes deste evento. Como vén sendo costume, a primeira fin de semana de agosto terá lugar a XXXIII Festa da Praia do Ézaro. Unha variada cita na que non faltará a maxia, o circoinchablesxogos, obradoiros, actuacións musicais da man dos grupos Perry Mason, En Mala Hora e Superglú e o Grupo Bomba. E tampouco podía faltar un dos leitmotiv desta festa, o deporte, co Campionato Galego de Volei Praia de categorías inferiores, sesión de ciclo indoor, circuíto infantil de OCR “Praia do Ézaro”,... Ademais, este ano volve a tradicional sardiñada. As rúas de Muxía volven a encherse estes días de cultura co evento "Muros do Nordés", do 2 ao 4 de agosto. Esta cita, que vai xa pola súa terceira edición, é xa moito máis que un evento de pintura mural. Este ano combinará xogos, talleres e a intervención da artista Doa Oa nun muro da vila. Unha das citas ineludibles das festas da Xunqueira de Cee é a gran traca de fotos de artificio da media noite do 15 de agosto. Durante catro días (dende o luns 13 e ata o xoves 16) a vila da Xunqueira transformase para acoller unha das citas máis agardadas do ano. Outra das Festas de Interese Turístico de Galicia é a representación do Naufraxio de Laxe que se celebra dende hai máis de 50 anos cada 17 de agosto no porto de Laxe no marco das "festas do 15". O espectáculo comeza ao redor das 13:00 horas, xusto despois da misa. E a continuación é a procesión marítima na que participan todos os barcos da vila. Este 18 de agosto volve, e con forza, a Festa Folk na Fin do Camiño (na Anchoa) que este ano chega á súa maioría de idade. Ademais dos concertos á noite (con Sés como cabeza de cartel) este ano haberá sesión vermu, foliada e vaso ecolóxico. Todos sábados de agosto (4, 11, 18 e 25 máis o 14) a fervenza do Ézaro iluminarase de varias cores entre as 23:00 e as 00:00 horas. A iluminación do Ézaro é xa un dos principais reclamos turísticos da Costa da Morte. A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, abre as súas portas como ocasional galería de arte. Faino cunha exposición que poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00h e as 14:00h, nunha experiencia que unirá a proposta artística de Natasha Lelenco, a da artista convidada, Luisa Álvarez e o convite aos visitantes a probar os vermús Petroni producidos pola empresa padronesa vermutería de Galicia, patrocinadora da exposición.
  • Visitas teatralizadas
O Castelo de Vimianzo (domingos), as Torres do Allo (domingos), o Dolmen de Dombate (sábados) e Moraime (días soltos) dan a coñecer aos turistas a súa historia a través das visitas teatralizadas. Os visitantes, tanto locais como turistas, teñen a oportunidade de asisitir a unha clase maxistral dun xeito lúdico e participativo.  

Máis información

Fonte

Comentarios