Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Espectacular programa para a Feira do Libro de Cee

Espectacular programa para a Feira do Libro de Cee
A Praza dos Libros de Muxía foi todo un éxito

Mentres seguimos cas propostas teatrais do A gostiño cultural, Cee xa pensa na Feira do Libro. I é que os libros, en papel, seguen a ser protagonistas na bisbarra, e tras unha máis que exitosa Praza dos Libros de Muxía durante a pasada fin de semana, agora toca unha semana completa en Cee.

Un programa espectacular o que vén de artellar a Concellería de Concellaría de Cultura, Educación de Deportes de Cee e o seu técnico cultural Víctor Castiñeira. Con ducias de escritores da zona, do mellor que temos, e varios puntos fortes, como o propio pregoeiro, que será nada menos que Xosé Neira Vilas. Ademais, entre as presentacións toca citas literarias pero tamén poéticas, con varias sesións de música e poesía moi interesantes. Ademais, con Un anaquiño de contos preténdese dar cabida aos máis cativos.

Do 11 ó 18 de agosto, na Praza da Constitución as casetas da feira estarán abertas o público no seguinte horario: polas mañás: de 11.00 a 14.00 horas (os días 15 e 16 abrirán ás 12.00 horas) e polas tardes de 18.00 a 22.00 horas. Ademais haberá unha chea de actividades paralelas: contacontos, seráns de música e poesia, noites de terraza literaria e sinatura de libros.

Imos repasando o programa día a día:

Domingo 11

  • Apertura da Feira ás 11.00: A partir das 20.00 h. diante do Museo Fernando Blanco, presentación das obras Cancela aberta (Ed. Xerais) e Aquel neno (Embora Ed.) de Xosé Neira Vilas, acompañado por Francisco Rodríguez López de Embora Edicións.
  • 21.00 h. na Praza da Constitución, pregón da Feira do Libro, a cargo de Xosé Neira Vilas, acompañado por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
    De seguido, XIV Certame de Habaneras: Coral Polifónica de Sada e Coral Neria-Costa da Morte.
  • Ás 22.30 h. Noite de terraza literaria con Xosé Iglesias, o mariñeiro poeta: “Transfusión oceánica” na rúa Domingo Antonio de Andrade (Bar A Parada).
 

Luns 12

  • Ás 11.30 h. na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos con DuenSico: ”Contos para a igualdade”.
  • A partir das 20.15 h. diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Costa do solpor de Xosé María Lema Suárez, finalista do Premio Xerais 2012, acompañado por Víctor Manuel Castiñeira Castro e o poeta  Alexandre Nerium.
    De seguido, Serán de Música e Poesía, Versus Cianuro, recital coa presenza, entre outros, de Paco Souto.
  • Ás 22.30 h. Noite de terraza literaria con Xaime Trillo: “Anatomía da ira” na Praza da Constitución (Bar Expréss).

Martes 13

  • Ás 11.30 h. na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos conAna Mª Martínez, Jesús Toba e María José Rey: “O corvo Roque”.
  • A partir das 19.30 h. diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Viaxe ó interior da fenda de Serxio Iglesias, editado por Sotelo Blanco, que estará acompañado por Marcos Giralt Torrente, Premio Nacional de Narrativa.
  • A partir das 20.15 h., no mesmo lugar, presentación da obra Fadita Fosca de Miguel Vázquez Freire editado por Baia Edicións. Contaremos coa presenza do ilustrador Xosé Tomás e de Belén López Vázquez.
  • Desde as 21.00 h. na Praza da Constitución, pregón das festas da Xunqueira a cargo de Josita Lema e de seguido, Serán de Música e Poesía co grupo Xardín Desordenado.
  • Ás 22.30 h. Noite de terraza literaria na rúa da Pena (zona bares Marigel e Recunquiño): recital a cargo de varios poetas e presentación da obra Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, editado por Toxosoutos. Contaremos coa presenza de Xilberto Caamaño, presidente de Monte Pindo Parque Natural, e Miro Villar, coordinador da obra.

Mércores 14

  • Ás 11.30 h. na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos con Rocío Leira,  autora da obra Universo Pitágoras, editada por Biblos, que nos sorprenderá cunobradoiro matemático para nenos.
  • A partir das 12.30 h. diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Contos de soños e sombras de César Ariza Piñeiro, editada por Urco Editora, que estará acompañado por David Cortizo de Urco Editora.

Sábado 17

  • A partir das 12.30 h. diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra A noite branca de Francisco X. Fernández Naval, editada por Xerais, que estará acompañado por Víctor Manuel Castiñeira Castro.
  • Desde as 21.00 h. na Praza da Constitución, concerto a cargo da Banda de Música de Lousame.

Domingo 18

  • Ás 12.30 h. na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos con Beatriz Maceda: “Man. O alemán de Camelle”, e obradoiro de materiais creativos.
  • Desde as 16.30 h. na Praza da Constitución, gran festa infantil co “Garabato de xogos”, inchables e desde as 20.30 h. concerto a cargo de Mamá Cabra.
  • Peche da feira, ás 22.00 h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios