Luns. 29.04.2024
El tiempo

Cee prepara un agostiño cultural

Cee prepara un agostiño cultural
Menudo mes de agostiño que espera en Cee

"A Gostiño coa Cultura" é a programación cultural do Concello de Cee para este verán. A axenda vai cargadiña de boas e variadas propostas culturais, que como veredes, van enmarcadas en diferentes bloques de contidos e datas.
Ademais, apuntamos que está aberto o prazo de inscrición para a Escola de Música de Cee.

E xa comeza coa Semana das artes escénicas, hoxe martes 6, e días 7, 8 e 9 de agosto a partir das 21.30h. con actuacións no Salón de Actos do Concello e entradas a 3.5 € por día, cun bono para as catro funcións por 12 € (apertura taquilla: unha hora antes da función).

  • Martes 6: Gaivotas subterráneas, unha producción de RTA, Talía Teatro e Voz Audiovisual, protagonizada por Luis Iglesia e Xavier Deibe baixo a dirección de Artur Trillo.
  • Mércores 7: Foliada flamenca, espectáculo de teatro e danza que conta, entre outros, coa participación do ceense Iván Villar.
  • Xoves 8: Decamerón, historias para tempos ruíns, con Candido Pazó.
  • Venres 9: O método Grönholm, a última montaxe de Talía Teatro con Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo.

Máis música e deporte

  • Sábado 10: Desde as 21.00 h. na Praza da Constitución, gala musical coa Banda Unión Músical de Ponteledesma. Organiza Asoc. Amigos da Banda de Música de Cee.
  • Domingo 11: a partir das 19.00 h. na Praza 8 de marzo: exhibición a cargo do Club Cee Deportes de Contacto.

Feira do Libro

Do 11 ó 18 de agosto, na Praza da Constitución, as casetas da feira estarán abertas o público no seguinte horario: polas mañás: de 11.00 a 14.00 horas (os días 15 e 16 abrirán ás 12.00 horas) e polas tardes de 18.00 a 22.00 horas.

Ademais haberá unha chea de actividades paralelas: contacontos, presentacións de libros, seráns de música e poesía e noites de terraza literaria.

A inauguración será o domingo 11, ás 21.00 h. na Praza da Constitución, co pregón da Feira do Libro, a cargo de Xosé Neira Vilas, que estará acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. De seguido, XIV Certame de Habaneras: Coral Polifónica de Sada e Coral Neria-Costa da Morte.

O martes 13, desde as 21.00 h. na Praza da Constitución, pregón das Festas da Xunqueira 2013, que xa vimos o seu programa, a cargo de Josita Lema e poesía musicada co grupo Xardín Desordenado.

Nenos e música

As dúas últimas semanas de agosto deixarannos actividades para nenos, e moita música:

  • Sábado 17: Desde as 21.00 h. na Praza da Constitución, concerto a cargo da Banda de Música de Lousame.
  • Domingo 18: A partir das 16.30 h. na Praza da Constitución, gran festa infantil co Garabato de xogos e desde as 20.30 horas, concerto infantil a cargo de Mamá Cabra.

Semana do Circo na rúa e concertos musicais: 21, 22, 23 e 24 de agosto. Praza da Constitución / Praza do 8 de marzo. Entrada gratuita:

  • Mércores 21. A partir das 21.00 h. Animación de rúa: O que quedar por chover coa compañía Duelirium Desde as 22.30 h.: Najla Shima, música afro e brasileira na incríble voz desta cantautora metade galega metade palestina.
  • Xoves 22. A partir das 21.00 h. Animación de rúa: Manicus.
    Desde as 22.30 h.: Baking Blues Band, o mellor soul e blues desde a Costa da Morte.
  • Venres 23. A partir das 21.00 h. Animación de rúa: Fredi Circanelo.
    Desde as 22.30 h. Leo Kch, o rapeiro máis famoso da Costa da Morte.
  • Sábado 24. A partir das 21.00 h. Animación de rúa: Encontros, coa compañía Lusco&Fusco.
    Desde as 22.30 h. Escuchando Elefantes, música pop dun grupo que dará moito que falar.
  • Furabolos: Semana dos títeres e teatro na rúa : 26, 27, 28 e 29 de agosto. Praza do 8 de marzo. Entrada gratuita. A partir das 20.30 h:

  • Luns 26. Obradoiro de monicreques. A Xanela do Maxín
  • Martes 27. Do, Re, Mi, Mozart xoga aquí. Títeres Cachirulo.
  • Mércores 28. O Bufón do Reino. Pinga Teatro.
  • Xoves 29. O Murmurio do Mar. A Xanela do Maxín.
  • Venres 30. A partir das 20.30 h. na Praza 8 de marzo: gran gala para pechar esta programación cultural coas agrupación dos noso concello: SDRC Fumes do Cal (Ameixenda), Escola de danza Breogán (Brens), A.C. Terra de Sena (Cee), A.R.D.C. Pedras Miúdas (Lires) e Charanga Petaforte (Pereiriña).
  • Escola de Música de Cee

    Ata o día 15 de setembro estará aberto o prazo para matricularse na escola de música municipal de Cee. A matrícula debe realizarse nas oficinas do propio Concello de Cee en horario de mañán.
    As especialidades que se ofertan para este curso son: Acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e violín.

    A escola de música poderá facilitar instrumento de préstamo para o primeiro curso nas especialidades de Trompeta, Trombón, Trompa, Clarinete, Saxofón, Óboe, Gaita, Frauta traveseira e Tuba. Ademais, os mais pequenos desde os 5 anos, poderán apuntarse en Música Activa e os de 7 anos comenzarán un curso preparatorio de Linguaxe Musical.

    A escola dispón de grupos donde os alumnos se poden incorporar unha vez que teñen un nivel apropiado: banda de música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, grupo de pop-rock e grupo de gaitas.

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios