Estalido de paixón e rabia dos Emigrantes Retornados
Esta fin de semnana, as Plataformas da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados realizaban unha sentinda homenaxe á considerada primeira vítima da estafa de Facenda, a veciña de Coristanco, Mª Ángeles Lorenzo Rey. Un artigo que “queda aí para a Memoria Histórica deste noso, sempre, maltratado país”, como nos conta o presidente da Coordinadora, Xosé Lois Leirós, que mentres nos agradece a atención prestada, nota como “a paixón e a rabia contida dendo o sábado pasado, dentro do meu peito, hoxe estalara”, para saírlle este conmovedor artigo:
Reflexións sobre a emigración, Xosé Lois Queiro
Van xa alá máis de cincocentos anos de colonización, política, social e económica, e con éles moitos séculos de emigración forzada por este sometemento e expolio ao que seguimos estando sometidos os galeg@s.
Bueno, ti estarás pensando: E este de que fala?
Pois sí, estouche a comentar o problema dos traballador@ galegos emigrantes retornad@s pensionistas. Falo da raíz do problema.
Todos estos séculos obrigados a emigrar... si ou sí, pola fame a miseria, as necesidades económicas,polas dictaduras, a represión o fascismos, a inquisición coa santa compaña, fuxida as Américas, para non voltar máis.
Coa modernidade, século XX, o capitalismo salvaxe comeza a actuar, metendo en marcha un plán diabólico, e para os galeg@s, voltan a elexir, outra vez máis a emigración forzosa, expulsados a Europa, Alemania, Suíza, Francia etc. eses mozos e mozas, non son outros máis que nós, historia viva da dura e dramática diáspora, os supervivintes, os que vivimos para contalo...e ísto non lles gosta nada aos polític@s que nos mal-gobernan. Os memos e mesmas que nos concentramos o sábado en Coristanco en memoria e homenaxe a Mª Angeles. Fixádevos bén, est@s do PP que son os fill@s-net@s daqueles franquistas que nos expulsaron a miles de milleiros de moz@s galegos ao desterro dourado-européo, aínda hoxe se negan a condenar a dictadura-franquista, por algo será.
E baten contra nós, tod@s maiores de 70 anos, os avós e as avoas deste maltratado país... fillos do demo!
Moi posiblemente, somos os avós e amiliares, conveciñ@s e máis os seus propios votantes destes mesmos que nos agreden.
Trátannos de defraudadores, sanciónannos con miles de euros e xuros e nos aplican unha lei claramente descriminatoria e nos obligan a declarar e cotizar polas nosas modestas pensións (mileuristas), mentras que ao resto dos galeg@s que non emigraron, non teñen que facelo. Unha decisión política que nos arruína a milleiros de familias.
As consecuencias máis dramáticas das políticas xenocidas do neoliberalismo do PP sufréunas a nosa mártir e heroína Mª Angeles.
E agora, ese plan, capitalista salvaxe do que vos falava antes, (pensado a longo plazo) tranformado en FMI, EEUU, EU, BCE, OTAN, seguindo as políticas do neoliberalismo salvaxe do PP- europeo e español, estase a consumar, polos gobernos do Estado español do PP de Rajoy e da Xunta de Galiza de Feijóo, esnaquizando con todos os dereitos e liberdades conseguidas ao longo de tantos anos, con suor, bágoas e sangue, daí todo este expolio ao noso pobo, que padecemos perante séculos de colonización por parte de hispania.
E o remate agora, nestes intres, faise cos nosos propios fill@s, net@s, todos con carreiras ou estudos superiores, a mellor preparada das xeracións da historia do noso país, tod@s CAMIÑO DA EMIGRACIÓN FORZOSA...para poder sobrevivir e gañarse a vida. O méu neto Adrián, hoxe día 16 de setembro, cumpréu 26 anos (é animador social) e cumpreunos na emigración forzosa NA INDIA ¡miña nái, que loucura!
Máis de 30.000 mozo@s emigrados nos últimos anos, sí, sí, con Feijóo/Rajoy
Máis de 300.000 parad@s (Feijóo prometeu na campaña electoral acabar co paro na Galiza en tres meses) ¿non sí?
650.000 persoas fican en risco da exclusión social.
120.000 persoas áchanse xa sometidas a situación de pobreza severa.
Miles de nen@s están pasando fame.
Xa non nacen nen@s galegos.
A SOCIEDADE GALEGA NON PODE ESPERAR MÁIS.
Máis xente sen ingresos = a máis paro.
Máis precariedade = máis emigración.
Galiza desángase... esmorece pouco a pouco.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡E URXENTE UN CAMBIO DE RUMBO!!!!!!!!!
- Xosé Lois Leirós, Portavoz da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados.
Novas relacionadas
- Os emigrantes retornados renderon homenaxe en Coristanco á primeira vítima da estafa de Facenda.
- Emigrantes Retornados de toda Galicia renderán homenaxe en Coristanco á primeira martir da Reforma das pensións.
- 24-04-14: Os emigrantes retornados da Costa da Morte tamén protestaron no Parlamento.
- 17-02-14: Emigrantes retornados saen de novo á rúa defendendo os seus aforros.
- 29-10-14: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
- Cee analizou o drama das pensións.
- A cidadanía toma as rúas da Costa da Morte en clave de protesta.
- De oficina en oficina berrando polos meus aforros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).