Martes. 10.09.2024
El tiempo

Gaita, ou vento en gaélico

Gaita, ou vento en gaélico
O nome da gaita pode provir do gaélico e significar vento

Seguen os lingüistas do Proxecto Gaelaico sen parada, analizando as nosas raíces. Despois de atopar sentido a nomes como o Cabo Vilán, Cee ou Monte Pindo; hoxe cóntanos algo moito máis cotián. De onde vén a palabra Gaita.

Sosteñen que a raíz gaélica ‘gaíth’ / ‘gáeth’ / ‘gaoth’, co significado de vento ou aire, é unha procedencia máis lóxica para o nome do instrumento galego por excelencia que o termo gótico gaits, que significa cabra.
Aínda que é o habitual, non todas as gaitas teñen unha bolsa fabricada con pel de cabra, razoamento no que se basearía a teoría da orixe gótica.

Consideran tamén que os derivados dos termos latinos pîpa e pipare coexistiron e aínda coexisten con derivados da raíz ‘gaíth’ do gaélico irlandés antigo tanto nas linguas gaélicas como nas linguas romances faladas no oeste da Península Ibérica.

Nun extenso documento de análise etimolóxica, accesible na páxina web do Proxecto Gaelaico, os lingüistas tentan demostrar, por medio do uso dalgúns dos derivados, que a devandita palabra galega e portuguesa ten a súa raíz na palabra ‘gaíth’ en gaélico irlandés antigo. ‘Gaíth’ significa vento e dise ‘gáeth’ en gaélico irlandés medio e ‘gaoth’ en gaélico escocés moderno.

Débese ter presente que a gaita de fol non é exclusiva de Galicia. Hainas en Asturias, León, Portugal, Cantabria, Salamanca, Aragón, Cataluña, etcétera.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios