Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O nome de Cee tamén podería provir do gaélico e significar peirao

O nome de Cee tamén podería provir do gaélico e significar peirao
Foto Cee aerea

Xa descubrimos que o nome do Monte Pindo pode vir do gaélico. E hoxe, na súa análise de topónimos galegos, os analistas do Proxecto Gaelaico veñen de ligar os topónimos dos lugares de Cesantes, Cedeira e Cee co vocábulo gaélico ‘Cé’ que significa peirao, combinado ou non con outras palabras.
Así, a castelanización de "se", procedente de seo ou enseada; podería ser a raíz do topónimo.

A conclusión na vila da Xunqueira é novidosa porque algúns autores vencellan a orixe do topónimo co termo latino cetus (relacionado con cetárea, ou balea). Sen embargo en Progael consideran que o feito de que en Cee a pesca de cetáceos tivese importancia no XVI non significa que o nome do lugar proceda de aí. Na súa análise os lingüistas e historiadores de Gaelaico ligan varios nomes de lugares costeiros co vocábulo gaélico ‘Cé’ que quere dicir embarcadoiro, peirao, atracadoiro. Xusto o que é Cee, un porto.

Ademais, explican que a palabra gaélico-irlandesa ‘cé’ pronúnciase /ke:/ cun e longo moi similar á pronuncia das dúas vogais de Cee. A única diferenza con respecto ó topónimo galego Cee é a pronuncia do “c” inicial.

Así, aceptando que a pronuncia moderna do c galego e castelán e mailo seseo da zona de Cee son relativamente modernos, e sabendo que o significado da palabra gaélico-irlandesa coincide co lugar descrito polo topónimo galego, non vemos problema algún para que a seguinte romanización ou adaptación do termo gaélico sexa correcta:

(gaélico irlandés) Cé > Cee / Cée (galego);
“embarcadoiro, atracadoiro, peirao”

Ademais, Cedeira significaría “o porto de atrás”; e Cesantes, “peirao dos santos”. E ollo con outros topónimos da zona como Caión, que poden ter a mesma procedencia.

Máis información

O Proxecto Gaelaico defende que onde se falou unha lingua, existiu unha cultura. É un proxecto de investigación baseado na relación entre as linguas e as culturas dos pobos da Europa Atlántica que naceu como unha iniciativa privada e independente. Unicamente pretende aportar datos que sexan válidos e valiosos para disciplinas tales como a lingüística ou a historia. As súas publicacións son periódicas e constantes e pódense atopar no sitio web www.progael.com.

Novas relacionadas

Comentarios