GzVideos 2.0 – Apaga a tele, prende a túa mente
Novedosa a proposta audiovisual que nace no país. Este 24 de abril voltou á rede a plataforma independente de video-activismo e audiovisual popular GzVideos.info. Unha iniciativa de video-activismo a través da rede, que pretende que apaguemos a tele e que prendamos as nosas mentes.
A iniciativa parte dunha compilación de máis de 1000 videos baixo o común denominador da súa relación coa comunidade nacional galega, en particular co "activismo militante en prol dos dereitos sociais e revindicacións da clase traballadora".
GzVídeos conta con produción propia, mais non pretende converterse en emisora uni-direccional, se non que o seu obxectivo é concienciar e capacitar movementos e organizacións populares para se converteren elas propias en xeradoras de mensaxes e que medre a súa capacidade comunicativa.
De feito, un dos primeiros vídeos que xa podemos ver é a documental que Alberte Pagán realizou en Palestina, co gallo dunha viaxe do Colectivo COSAL Costa da Morte a terras ocupadas.
Obxectivos
GzVideos cumpre así un papel de plataforma difusora, organizadora, facilitadora e capacitadora de comunicación audiovisual popular, como instrumento dos procesos organizativos populares. Os obxectivos son:
- Democratizar o acceso á información.
- Fomentar o video-activismo e a comunicación audiovisual popular.
- Defender a comunicación como espazo de participación plena dos suxeitos sociais.
- Incrementar a capacidade real de participación política.
- Xerar contra-hexemonía a nivel ideolóxico, así como unha actitude crítica fronte aos medios que conformen e reproduzan a ideoloxía dominante.
- Ligar as loitas inmediatas ou conxunturais con procesos de mudanza do sistema.
- Por en causa a propiedade intelectual mediante o uso e difusión do copyleft e licenzas libres.
- Facilitar o diálogo entre diversas experiencias militantes a partir do coñecemento mutuo.
- Chegar a alianzas con outros proxectos de comunicación e prensa alternativa que actúen tanto no noso país como a nível internacional, tecendo redes de comunicación popular.
Máis información
Novas relacionadas
- Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
- COSAL explica pola Costa a súa experiencia en Palestina.
- As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- Buscando á Emigración 2.0 para unha documental.
Fonte
- Nota de prensa de GZ Video.