Venres. 26.04.2024
El tiempo

Historia, arte e natureza para os 80 anos do Cabo Vilán como Sitio de Interese Cultural

Historia, arte e natureza para os 80 anos do Cabo Vilán como Sitio de Interese Cultural
O Faro Vilan acolleu a presentacion dos actos do 80 aniversario Cabo Vilan

Será o 2014 un ano especial en Camariñas, i é que o Cabo Vilán cumple 80 anos. 80 anos da declaración do espazo como "Sitio Natural de Interese Nacional", e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e o Concello de Camariñas non queren perder a ocasión para artellar un completo programa que continúe a labor de divulgación e aproveitamento do Faro Vilán como epicentro cultural.

Un exemplo para todo o país, de como combinar a potencia da natureza salvaxe de espazos como os cabos, co simbolismo dos faros como lugares ideais para actividades culturais.

Esta pasada fin de semana, o Faro Vilán acollía a presentación do programa do 80º aniversario da declaración do Cabo Vilán como Sitio Natural de Interés Nacional. E o facía xa con varios actos interesante, entre elas varias charlas e conferencias moi interesantes. Historia e arte mesturáronse co poder da natureza para deixar unhas xornadas ben intensas e un programa prometedor.

Unhas xornadas que serviron ademais para presentar a nova web feita para o momento: www.farovilan.com.

Un venres de historia

Manuel Vilar celebrando o 80 aniversario do Cabo VIlan

Arrincaban na tarde do venres da man de Santiago Garrido, e Eliseo Fernández Fernández, Historiador, bibliotecario e licenciado en documentación, que levou aos espectadores por unha viaxe histórica chea de datos por Camariñas e polo propio Faro.
Tomaba o relevo o Historiador e profesor Universidade de Vigo e Profesor visitante de Universidade degli Studi di Milano, Antón Castro. Castro falou do “Culto ás pedras, cristianización, naufraxios e poesía como identidade da Costa da Morte”.
E seguindo en clave de historia, pero ollando ao futuro, o gran Manuel Vilar trouxo unha refelxión sobre os espazos do “Vilán e Fisterra, proas cara a modernidade”.

Un sábado de arquitectura e arte

Joan Creus falou do espazo batente do Faro Vilán

Para o sábado tocaba arte como fío condutor. Foi Héctor Alonso Fernández, enxeñeiro químico e fillo de torreiros o presentador da xornada. A presidenta dos empresarios Olga Campos abría o acto e Sabela Rodríguez, a técnica en turismo da Asociación de Empresarios (só o feito de ter unha persoa adicada a isto demostra a aposta da entidade) presentaba a web.

De contado, as exposicións tomaban o protagonismo, facendo unha viaxe pola "Arquitectura do Espazo Batente do Faro Vilán" con Joan Creus. Ademais, a Enxeñeira de camiños e colaboradora do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Ana Garcia Mayo, presentaba a exposición "A enxeñería na construcción do Faro de Cabo Vilán". Todo, co arquitecto Xoan Bautista Alborés como moderador.

Xoan Bautista e Ana Mayo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios