Martes. 21.05.2024
El tiempo

Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT

Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT
Concello de Carballo e Asociacion Telon e Aparte presentando as cifras do FIOT

Que o FIOTFestival de Outono de Teatro de Carballo FIOT é unha referencia a nivel nacional non é ningunha sorpresa. Algo que tamén o reafirman os datos, i é que aXXII edición do FIOT, celebrada durante o pasado mes de outubro, congregou a máis de 6.000 espectadores e espectadoras, participando de forma directa case 9.200 persoas. Deste xeito, o XXII FIOT cumpriu coas expectativas de ser a mellor edición da súa historia.

Así nolo contaban en rolda de prensa a organización do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), integrada polo Concello de Carballo e a Asociación Telón e Aparte, que valoraron a implicación dos espectadores cos votos emitidos polo público, que cualifican ao Outono de Teatro cunha puntuación global de notable.
Ademais, o espectáculo Siglo de oro, siglo de ahora (Folía), da compañía madriñeña Ron Lalá, gaña o Premio do Público cunha nota de de 4,662 puntos sobre 5.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios