Venres. 03.04.2020
El tiempo

Os Medios en Galego reivindican no Culturgal a trasparencia nas axudas públicas

Os Medios en Galego reivindican no Culturgal a trasparencia nas axudas públicas
Ubaldo Cerqueiro Quique SAnfiz Xurxo Salgado e Alvaro Peralta na mesa dos Medios en Galego no Culturgal Ubaldo Cerqueiro, de QPC, Quique Sanfiz de Radifusión, Xurxo Salgado de Galicia Confidencial e Álvaro Peralta na mesa dos Medios en Galego no Culturgal

Estivo no Culturgal o responsable de Que pasa na Costa, Ubaldo Cerqueiro, como vicepresidente da Asociación de Medios en Galego. A entidade acodía por primeira vez como tal á Feira das Industrias Culturais de Galicia co seu posto, e organizaba un debate que se emtía en directo a través da rede.

Xornalistas de QPC Galicia Confidencial, Son Radio Fusión e Valminor.info compartiron unha mesa de intercambio que afondou na necesidade dunha xestión transparente das axudas e cotas de publicidade das administracións públicas nos medios de comunicación. A AMEGA esixe o respecto á lingua do país como vehículo informativo e o cese inmediato da entrega de subvencións por “presunta promoción da lingua galega” ás empresas mediatas monolingües en castelán.

Posto de AMEGA no Culturgal Posto de AMEGA no CUlturgal

Todos coincidiron en que, a pesar de ter cada día mellores audiencias, de promover que a lingua galega sexa unha lingua útil e nobre, de estar moi ben posicionados en materia dixital, e de ter sido fundamentais na superación da fenda dixital do país, as axudas son cada día menores. “Canta máis audiencias rexistran os nosos medios menos disposición parecen ter en achegar axudas e incluírnos no reparto publicitario”, asegurouse nesta mesa retransmitida por todos os medios de AMEGA en directo dende a feira.

Lembraron que a proposta de modificación da lei de publicidade institucional presentada por AMEGA ao Parlamento de Galicia leva máis dun ano nos caixóns. Inda o apoio explícito ao proxecto por parte de AGE e o BNG, o restos das forzas políticas non deron ningún paso para avanzar no punto.

Reclamaron tamén unha política de investimentos para o conxunto das industrias culturais de Galicia. Un sector que aseguraron, foi dos máis afectados pola crise e os recortes das administracións públicas, cun efecto desbastador na produción cultural e as fontes de traballo.

A mesa finalizou cunha reafirmación dos medios implicados en AMEGA na defensa da lingua do país e do dereito a informar en igualdade de condicións que os medios monolingües en castelán.

A AMEGA realizou varias emisións en directo dende o Culturgal Emision en directo da AMEGA dende o Culturgal

A AMEGA

Asociacion de Medios en Galego-Tarxeta 2 A AMEGA está formada polos seguintes medios: Radio Fusión-Rede de Emisoras Municipais Galegas, Galicia Confidencial, Praza, Sermos Galiza, Tempos Novos, Novas da Galiza, A Nova Peneira, Valmiñor.info, Que pasa na Costa, A Voz de Vilalba, Crónica 3 e Terra Cha Xa.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

comentarios