Venres. 19.04.2024
El tiempo

Na procura da imaxe contra a Violencia de Xénero

Na procura da imaxe contra a Violencia de Xénero

Queda xa pouco para o 25N (que non o 20). Como cada ano a Costa tamén celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En marcha o IV Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero 2011, que artella o Centro de Información á Muller (CIM) de Cee e a Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego.

Xa está aberto o prazo de presentación de carteis ata o día 19 de novembro e poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 13:30h ou en calqueira das formas que indica a LPCPAC.

O 1º premio será de 200€ e o 2º Premio de 100€. Ademais o primeiro premio será imaxe da campaña de sensibilización 2011 do CIM.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios