Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014

A que soan ben? Pois son un grupo con denominación de orixe Costa da Morte, concretamente da "factoría Fernando Fraga”. Nordés Project colle a herencia de Distance, banda adolescente que coñeciamos o ano pasado nos premios Musicaula. Este curso, estes 9 rapaces de entre 13 e 17 anos, aprendidos na Escola de Música Municipal de Cee, lánzanse de novo con esta proposta máis folk-pop.
O ano pasado xa chegaron ás semifinais do concurso nacional Musicaula. E onte arrincaban as votacións das Semifinais rexionais do Musicaula 2014, cos ceenses recollendo votos. Representan ao IES Agra Raíces, pero tamén a Cee e a toda da Costa da Morte, como recoñece o propio vocalista Dani.
Eles son:
- Fran Cives- Batería.
- Sara Fraga- Violín.
- Pedro Vázquez- Trompeta.
- Daniel Castiñeira- Vocalista.
- Helena Castro- Guitarra.
- Brais Amboade- Bajo.
- Jesús Ramos- Guitarra.
- Fátima Outes- Piano.
- Marta Sambade- Clarinete.
Así que xa podedes votar aquí, para Nordés Project nas Semifinais do Musicaula 2014 no Grupo A.
Sen máis, desexámoslle moita sorte e alá van uns cantos votos costeiros!!
Novas relacionadas
- Distance, unha nova banda de Cee nas semifinais do festival MusicAula.
- Cee estrea un disco de Alén do Mar no que participou Fernando Fraga.
- Fernando Fraga pechou ca súa música un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
Outras novas
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
- De premio, a gravación dun disco.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
