venres. 08.11.2024
El tiempo

O cartel do San Xoán de Carballo ten acento de Cambre

O cartel do San Xoán de Carballo ten acento de Cambre
ELECCION CARTEL (18) PRENSA

Xa estamos pensando nas dúas completas fins de semana do San Xoán de Carballo. Un San Xoán que xa ten cartel. Ana María Varela López, do concello coruñés de Cambre, gañadora do concurso do cartel das Festas de San Xoán 2017.

A autora do deseño, de 22 anos, vén de rematar Deseño Gráfico na Escola Pablo Picasso e está realizando agora as súas prácticas. Para Ana María Varela foi unha auténtica sorpresa a chamada da concelleira de Festas, Mar Eirís, para comunicarlle a decisión do tribunal. “É a primeira vez que me presento a un concurso de cartelería, así que estou moi contenta”, declarou.

A gañadora recollerá o seu premio de 450 euros, patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez, o día da presentación do programa das festas patronais de Carballo, que se fixará en breve. Nese acto darase a coñecer a imaxe que se utilizará para a promoción das festas tanto nos carteis como nos programas de man, na revista e en Internet. Este ano presentáronse ao concurso un total de 47 deseños.

As Festas de San Xoán serán este ano do 22 ao 26 de xuño, ámbolos dous incluídos, e estenderanse á primeira fin de semana de xullo coa celebración do festival Rockin’, o sábado 1, e a Festa do Bosque, o domingo 2. Deste xeito, as festas patronais de Carballo concentraranse arredor de dúas fins de semana consecutivas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios