Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas

Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas
Cheo tras cheo nas Xornadas De Castros a Castelos-Foto- MPPN

Impresionante a crónica que nos manda a Asociación Monte Pindo Parque Natural das Xornadas de historia e patrimonio "De Castros a Castelos". Unhas xornadas que vertebraron esta fin de semana varios miles de anos da nosa historia, e que xuntaron a uns 150 asistentes e 24 relatores para convertir Carnota nunha verdadeira referencia en materia arqueolóxica en Galicia.

Unhas xornadas feitas na casas (foron denegadas toda clase de subvencións) pero que demostran que en Carnota están sabendo chegar ao pobo, como acontecera na Torre dos Mouros. E precisamente a primeira boa nova das Xornadas xira arredor deste revolucionario proxecto arqueolóxico, pois os condutores anunciaron a súa continuidade, coa excavación de parte do cercano Castro de Mallou.
Precisamente unha das visitas foi ata o Castro de Mallou, e a xente xa botou as súas cábalas.

Visita ao Castro de Mallou que sera obxecto dunha excavacion este veran-Foto- MPPN

De Castros a Romanos

Xa meténdonos en materia, foron dous días de explicacións, debate e reflexión sobre todo canto pasou en Galiza desde hai varios miles de anos, na época dos castros, ata o derrocamento dos castelos medievais polas armas irmandiñas, xa en pleno século XV.

Un dos debates das Xornadas De Castros a Castelos-Foto- MPPN

Sen entrar en cada unha das 24 interesantes ponencias (tendes o resumo en www.montepindo.org), a proposta era achegar unha visión profesional á xente e evitar que os tópicos de sempre sigan invadindo o noso imaxinario. Así, foron debullando dende o único petroglifo que se coñece no Monte Pindo, pasando polas murallas do Gran Castelo, ata as inscricións medievais xa vistas en numerables ocasións.
De feito, a tarde do sábado xa pasou de castros a fortalezas, facendo referencia ao Castelo de San Xurxo, capital da zona entre os séculos IX e XII, e ao propio Castelo Monte Pindo. Foi Mnauel Gago quen trouxo 14 imaxes de muralla recollidos por diferentes puntos do "Pindo Central", dando conta da súa relevancia.

O domingo foi día medieval, e de novo os ponentes, todos de primeiro nivel, antes de subir á Torre dos Mouros.

A xornada da tarde dominical foi especial, pois os protagonistas non tiñan que ter un cv espectacular, senón só algo interesante que contar. As 8 comunicacións da tarde foron moi interesantes, que rematou cun longo debate.

Todo para poñer o mellor broche as unhas Xornadas que fixeron historia, e que o seguirán facendo. Pois se este verán toca excavar o Castro de Mallou, para o ano que vén teremos que volver analizar a historia nunhas novas xornadas, como se comprometeron os organizadores tralo rotundo éxito desta estrea.

O Monte Pindo estivo presente en todas as visitas-Foto-MPPN

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios