O Certame a artigos xornalísticos normalizadores aumenta os premios
07:38 07/03/17
Arrinca unha nova edición, xa a 13ª, do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que lanza o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo, en colaboración con diversos medios de comunicación (como QPC), que ten por obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.
Calquera persoa que queira e teña algo que dicir con respecto á lingua pode presentarse a este certame. Para iso debe escribir un artigo de entre 1.800 e 3.300 caracteres e entregalo ou envialo ao Pazo da Cultura de Carballo ata o 17 de abril de 2017. Nese artigo pode falar sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu estatus, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada, etc.
Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, e que nesta edición incrementa ata os 1.250 euros, ademais da difusión nos diversos medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.
bopportal/publicado/2017/03/ 07/2017_0000001704.html). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico [email protected].
Máis información
As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.gal) ou no BOP da Coruña do 7/3/17 (http://bop.dicoruna.es/- Artigo gañador 2016: Borxa González: Non por min, nin por eles.
- Artigo gañador 2015: Luz Cures: Etiquetaxe.
- Artigo gañador 2014: José Casas García: Os Exemplos.
- Artigo gañador 2013: Mariña Pérez Rey: “sotaque” de Aurelia.
- Artigo gañador 2012: Carlos Callón: Fai teu o galego!.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.