martes. 13.05.2025
El tiempo

O entroido invade a #AxendaCostaDaMorte

O entroido invade a #AxendaCostaDaMorte
axenda costa da morte 24 febreiro 2017-2 A Costa da Morte prepárase para vivir unha das fins de semana máis festeiras. Ducias de vilas celebran o entroido no que faltan os desfiles e os concursos de disfraces e, por suposto, a gastronomía típica da época (cocidos, orellas e filloas). A festa prolóngase ata o martes de entroido, que en algúns municipios é festivo local. Antes de repasar as principais citas destes días, vemos o parte costeiro de 4gotas.com. Hoxe será o mellor día do Entroido; con sol e boa temperatura ao mediodía (fresquiño á primeira hora da mañá e no final da tarde). O sábado irán aumentando as nubes e no final do día orballará entre Fisterra e Carnota.O domingo irán a máis as nubes e predominarán en toda a Costa da Morte (agás entre Camariñas e Malpica que orballará durante gran parte do día). O luns cambiará o tempo. Irá fresco e choverá xa de madrugada e repetiranse as choivas durante gran parte do día. Ollo ao vento que soprará con intensidade, con refachos de 80-90 km/h e moita atención ao mar, xa que as ondas poden acadar os 8 metros. O martes será o típico día despois dunha fronte: fresco e con chaparróns bastante frecuentes e algún deles intenso. O vento irá amainando, pero aínda terá refachos fortes na madrugada. O mar seguirá con ondas entre 6 e 7 metros. O mércores mellora un pouquiño a situación, pero seguirá a orballar en gran parte da Costa da Morte. Canto máis preto de Malpica, as posibilidades de choiva serán menores e ollo que na tarde volverá a arreciar o vento do suroeste. Entroido
  • A completa programación do Entroido en Malpica deixa varias citas durante a fin de semana. Por unha banda, os pubs de Malpica organizan esta noite e a de mañá un concurso de disfraces. Tamén mañá haberá concurso nas parroquias de Seaia e Leiloio onde se acompañará dunha merenda e de inchables. Xa o domingo haberá a partir das 17:30 horas un desfile de disfraces infantís polas rúas de Malpica con premios e concuros de piñatas de entroido.
  • En Carballo tamén haberá entroido para todos os públicos. Despois do concerto de hoxe, mañá a festa desprázase a Oza, a Berdillo, ao barrio de San Cristovo e a Sísamo onde haberá concursos de disfraces. E xa o domingo, a praza do concello acolle a partir das 18 horas o concurso e desfile de disfraces no que se repartirán máis de 8.000€ en premios.
  • Ruta dos pinchos de entroido en Laxe. Varios locales da vila ofrecen durante esta fin de semana, unha variedade de petiscos típicos desta época. Ademais, mañá sábado o Caietano dará a benvida ao carnaval cun desfile e cunha festa de disfraces.
  • A biblioteca municipal de Ponteceso acolle hoxe unha charla sobre o Entroido Tradicional na comarca de Bergantiños. A cita comeza ás 20 horas.
  • En Mazaricos celebran mañá o seu Entruido, que comezará xa pola mañá na feira da Picota e remata cunha gran festa - con cocido incluido - no colexio de San Cosme de Antes.
  • A praza do concello de Vimianzo acolle mañá o día grande do entroido vimiancés. A partir das 17 horas haberá inchables e actividades para os máis pequenos e logo comezará o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1600€ en premios.
  • Mañá celebrase en Fisterra o tradicional concurso de comparsas no pavillón municipal. A presentación correrá a cargo de Roberto Traba Velay e Adriana Traba. A cita comeza ás 18 horas.
  • O entroido chega a Santa Comba por partida dobre. Mañá a cita é na Vivenda Comunitaria onde, a partir das 19 horas, haberá un baile de disfraces acompañado dun concurso. E xa o domingo, o recinco feiral acolle unha gran festa de Entroido a partir das 16 horas.
  • A asociación cultura Adro de Baio celebra mañá a súa tradicional festa de entroido cun cocido no pavillón da vila que comeza ás 21 horas e no que tamén haberá premios.
  • O sector hostaleiro da rúa da Calzada de Cee organizan mañá un concurso de disfraces.
  • O domingo é o día grande do Entroido de Ponteceso, co XXIII desfile de disfraces no pavillón municipal e co anterior pasarrúas.
  • Tamén o domingo, terá lugar no adro da igrexa de san Mamede de Carnota a poxa do porco. A cita é ás 13 horas.
  • Como sempre, o domingo será o día forte do entroido de Dumbría. Máis de 2000€ en premios, pasarrúas, actuación de comparsas,... animarán a vila dende as 17 horas.
  • A celebración do entroido continúa o martes en Cabana cunha completa festa no pavillón municipal  a partir das 18:30 horas.
  • Tamén o martes, Muxía vive o seu día grande cunha gran festa no polideportivo. A partir das 17 horas haberá unha discoteca móbil infantil, o concurso de disfraces e a degustación de filloas e orellas.
  • As filloas tamén se degustarán o martes na festa de entroido de Zas. A partir das o pavillón municipal encherase de entroideiros para participar no concurso.
Día de Rosalía
  • "Que morro!" é a obra que interpretará hoxe Caxoto Contacontos no salón de actos de Fisterra con motivo do día de Rosalía. A cita comeza ás 19 horas.
  • A biblioteca municipal de Ponteceso acolle mañá, ás 18 horas, un recital aberto como homenaxe a Rosalía de Castro. Ademais, actuará AldaoLado.
Exposicións 
  • O pazo da Cultura de Carballo acolle ata o vindeiro domingo 19 de febreiro a exposición “Un mar de sensacións”. Chiña e Mon Lendoiro recompilaron os poemas publicados polo Semescom no ano 2012 para darlles forma plástica.
  • Tamén o pazo de Cultura de Carballo acolle ata o día 28 a exposición do XIV certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, da Deputación da Coruña.
  • A casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval. Baixo o título “Costa da Morte. Naufragios” Rosa Pereda e Rafael Lema recuperan as historias dos naufraxios máis importantes acontecidos nas augas da bisbarra. A inauguración terá lugar mañá sábado ás 12 horas.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • O faro Vilán acolle ata o 26 de febreiro a exposición “Casa de Luz, grabados” de Mariano Castillo. Pode visitarse en horaio de 11 a 14 e de 16 a 18:3o horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Festas Concertos Outras citas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios