O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas


As webseries estanse a establecer como unha alternativa de entretemento cada vez máis consumida polo público e como un novo medio de expresión de novas ideas e narrativas, e este Festival pretende recoñecer estas novas vías de expresión e darlle un valor perante a nosa sociedade. E esa inercia está sendo aproveitada polo I Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que entra nunha nova fase.
Unha proposta lanzada dende o Concello de Carballo que fomenta a creatividade e a formación audiovisual, visibilizando e respaldando o desenvolvemento da industria cultural de toda España.
E o éxito da convocatoria está sendo espectacular. Foron máis de 100 as webseries de todo o estado que enviaron a súa candidatura aos Premios, toda unha cifra. Hoxe, a organización vén de presentar os finalistas da sección oficial do Festival, que suman 35 finalistas organizados por bloques. De entre todos os traballos presentados entran tamén a concurso un total de 8 webseries galegas que optarán a diferentes galardóns. Clases de lo Social, co malpicán Santi Romay, ou a proposta carballesa de animación Un Sitio Distinto son algunhas das finalistas.
A finalísima será a fin de semana do 24 ao 26 de abril, optando a un total de 5.000€ en premios. E precisamente durante eses días as finalistas serán proxectadas para que xurado e público en xeral fagan as súas votacións, convertindo Carballo na Cannes ou na Venecia galega, co permiso de Cans, claro.
A Gala de peche desta primeira edición, que incluirá a entrega de premios, celebrarase o sábado 26 de abril ás 20.30 horas no Pazo da Cultura da vila de Carballo.
Talleres formativos

Ao longo destes dous pasados meses, o certame incluía tamén unha serie de obradoiros para formar aos candidatos. Fantásticas as sesións de grabación no Monte Neme ou nas rúas de Carballo. E moi interesantes as sesións de aula arredor dun ordenador editando as imaxes para a webserie.

Código fonte con Touriñán
A proposta de videocontadas de Embed.at e o seu Código Fonte Audiovisual chegaba ata Carballo (estrea en Galicia) a pasada fin de semana con Xosé A. Touriñán, que falou sobre en o imaxinario audiovisual que proxectamos desde Galicia a través dos vídeos que se poden ver en Youtube. E xa estamos desexando ver o resultado.
As probas
Aquí vos deixamos varios exemplos dos traballos presentados, que nos achegan dende Turismo Carballo:
Este é "Freeklances":
Estas son as "Conversas con Cunqueiro de Acción/reacción":
E esta é "Entre Pipas":
Premios

O festival de webseries CARBALLO INTERPLAY repartirá 5.200 euros en premios, ademais destes orixinais trofeos, exclusivos para o festival, do artista plástico David Méndez Alonso (MisterTheFreak). Os premios outorgados serán os seguintes:
MELLOR WEBSERIE IMAXEN REAL | 1.500 euros e trofeo |
MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN | 1.500 euros e trofeo |
MELLOR WEBSERIE EN LINGUA GALEGA | 1.000 euros e trofeo |
PREMIO DO PÚBLICO | 1.000 euros e trofeo |
MELLOR ACTRIZ | trofeo |
MELLOR ACTOR | trofeo |
MELLOR GUIÓN (AGAG) | 200 euros e trofeo |
Concertos

Ademais, para completar a fin de semana completa, a noite do venres 25 de abril toca unha boa noite de concertos. Os pontevedreses Unicornibot, Calixta, Bigote Mix, ou os carballeses ARABIAN EVILS, Apart e The Gentlemen Band serán os protagonistas.
Máis información
Novas relacionadas
- En marcha o I Festival de webseries Carballo InterPlay (CIP).
- Santi Romay necesita “Clases de lo Social”.
- Os homes que sabía demasiado chegan co 8º capítulo de Un Sitio Distinto.
- Lois Patiño: “A Costa da Morte ten unha enerxía especial”.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).